O Consello de Ministros do próximo martes día 25 de xuño aprobará a subida salarial recollida no ‘Acordo Marco para unha Administración do século XXI’, asinado por CCOO, UGT e o Goberno de España. Unha subida salarial do 2,5% para as empregadas e empregados públicos para 2024, con carácter retroactivo desde xaneiro deste ano.
As empregadas e empregados públicos terán a subida salarial pactada para 2024, 2.5% con carácter retroactivo desde xaneiro. O Consello de Ministros do próximo martes día 25 aprobará a subida salarial recollida no Acordo Marco para unha Administración do século XXI asinado por CCOO, UGT e o Goberno de España.
Aínda que tarde, dáse un paso máis no cumprimento do Acordo. Todo iso despois do traballo realizado nas diferentes comisións de seguimento do Acordo e da presión levada a cabo por CCOO e UGT para facer realidade o compromiso adquirido da subida do 2,5%.
A pesar deste avance, ambas organizacións sindicais continúan traballando para o cumprimento do ‘Acordo Marco para unha Administración do século XXI’ e negociando a xubilación parcial do persoal funcionario e estatutario, co obxectivo de que se poida pechar o acordo antes do verán.
Con UGT e CCOO hai CERTEZAS, outros o reclaman non sendo asinantes do Acordo.