Sectores

UGT e CCOO dan un paso máis no desenvolvemento do Acordo Marco na Función Pública


No día de onte, 7 de novembro de 2022, demos un paso máis no desenvolvemento do Acordo Marco alcanzado por CCOO e UGT co Goberno de España para a Administración do século XXI. Por unha banda, presentouse o Acordo Marco á Mesa Xeral das Administracións Públicas e, doutra banda, constituíuse a Comisión de Seguimento do Acordo.

A Comisión de Seguimento, de maneira prioritaria, encargarase das cuestións relativas a retribucións, aplicación das 35 horas, eliminación dos recortes do RDL 20/2012, dixitalización, atracción de talento e incremento do emprego público, así como a extensión ao sector público empresarial.

Igualmente, constituíronse os grupos de traballo para o resto de materias: igualdade, xubilación parcial, clasificación profesional e sistema de selección, así como as propias do ámbito da Administración Xeral do Estado.

Neste senso, acordouse calendarizar os distintos grupos de traballo para iniciar de maneira inmediata o desenvolvemento do Acordo en todas e cada unha das materias, comezando a semana que vén coa negociación nos ámbitos do Servizo Exterior e Institucións Penais.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.