UGT Servizos Públicos asinou as táboas salariais do 2024 dos traballadores dos niveis non concertados, o persoal complementario e o PAS do Ensino Concertado.
Para UGT SP, a sinatura do acordo do 29 de outubro de 2024 asinado por UGT, FSIE, USO e as patronais do sector, no que se pactou a prórroga do convenio e outras medidas, entre as que estaba a sinatura destas táboas, é o que fixo posible desbloquear as táboas e que se asinen. As diferenzas que as empresas adeuden aos seus traballadores como consecuencia da aplicación retroactiva desde o 1 de xaneiro de 2024 das táboas salariais deberán quedar totalmente saldadas no prazo de tres meses desde a publicación destas táboas no BOE.
SALARIOS
Os salarios do persoal docente en pago directo, é dicir, niveis non concertados, do persoal complementario e do PAS incrementáronse nun 3,5% con efetos desde o 1 de xaneiro de 2024. Este importe recolle o 2% de incremento do persoal en pago delegado, máis o 0,5% adicional que verá incrementado o persoal docente en pago delegado a final do ano, máis o 1% que faltaba por incorporar nas nóminas dos traballadores dos niveis non concertados, persoal complementario e o PAS en 2023.
PAGA ÚNICA COMPENSATORIA
O persoal docente en pago directo, é dicir, niveis non concertados, o persoal complementario e o PAS, percibirán unha paga única compensatoria pola perda de poder adquisitivo, coa recuperación do 1% que faltaba de 2023. A empresa deberá aboar o importe total da paga antes do 30 de setembro de 2025.
ADAPTACIÓN DE SALARIOS
Renóvase o complemento para 10 categorías, o “complemento temporal adicional” para o ano 2024 e para as categorías do cadro:
Do mesmo xeito que se fixo con respecto ao anterior SMI no propio convenio do Ensino Concertado, estableceuse un «complemento SMI» ata acadar, neste caso, o novo importe dos 1.134 € mensuais en catorce pagas, tal como se establece no RD 145/2024, do 6 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para o ano 2024 mencionado con anterioridade. Este complemento será absorbible e compensable. Ademais, actualizouse tal e como se recolle no art. 6 do Anexo II (Saídas de máis dun día de duración) do Convenio. Así, o complemento salarial por cada día de saída variará en función do IPC do ano anterior, é dicir, un 3,1%, quedando os importes para o ano 2024 do seguinte xeito:
UGT Servizos Públicos valora o acordo conseguido para que o persoal de administración e servizos, así coma o persoal docente en pago directo por parte das empresas do ensino concertado, recuperen parte do poder adquisitivo e se lles recoñeza a importancia que teñen nos centros educativos. Do mesmo xeito, cúmprese o compromiso de incrementar o IPC do prezo por día nas saídas escolares de máis dun día de duración, algo que para UGT é un sinal claro do compromiso adquirido cando se asinou o Convenio Colectivo.
UGT Servizos Públicos continúa mostrándose como a única organización sindical progresista de todas as que compoñen a comisión negociadora do ensino concertado, que negocia e logra acordos que se transforman en melloras concretas e útiles para todas as persoas traballadoras do sector.
Para máis información, consulta os seguintes documentos:
Táboas Salarios e Plus 2024 de PAS, persoal docente non concertado e centros residenciais.