Explicamos as posibilidades que poden plantexarse a raíz da obtención de praza no Concurso de Traslados Convocado por Orde JUS/808/2020, resolto provisionalmente por Orde JUS/1208/2020 e definitivamente por Orde de 11 febreiro 2021 e novidades por COVID (Orde provisional comunicada a UGT) que se publicará en BOE o 19 de febreiro de 2021:
CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS:
Resolución aprobada |
Acórdase eesolver de forma definitiva o Concurso de Traslados. |
Declaración de excluidos |
Decláranse excluidos do Concurso ós funcionarios que se relacionan. |
Instancias caducadas |
Decláranse caducadas as instancias presentadas (e no excluidas) de quenes non obtiveron praza e non serán tidas en conta en futuros Concursos de Traslados. |
Prazas desertas |
Decláranse desertas as prazas non adxudicadas, que se cubrirán por funcionarios de novo ingreso, salvo que deban ser amortizadas. Tamén poderán anunciarse novamente como vacantes, a criterio do Ministerio. |
Recursos |
Contra esta Orde poderase interpoñer Recurso Potestativo de reposición ou recurso contencioso ante os Xulgados Centrais do Contencioso Administrativo. |
NORMAS PARA DESTINOS OBTIDOS POR CONCURSO:
FUNCIONARIOS AFECTADOS: quenes se encontren en activo, en servizos especiais ou en excedencia voluntaria por coidado de familiares e NON REINGRESEN (non incluíndose en este punto ós funcionarios reingresados provisionais). É dicir, si non supón reingreso porque estos funcionarios teñen reservada unha praza: |
||
CESE Corpo de Tramitación Procesal: 22 de febreiro de 2021 – luns |
CESE Corpos de Xestión e Auxilio: 26 de febreiro de 2021 – venres |
|
Novidade 2021: quenes se encontren en Comisión de Servizos, para evitar desprazamentos ó órgano xudicial de orixe, poderán realizar o cese no órgano onde se esté prestando a Comisión; a Xerencia enviará os documentos ó órgano onde se atope en Comisión. |
PRAZO POSESORIO (os prazos dados en días son hábiles) |
|||
3 días seguintes ó cese |
8 días seguintes ó cese |
20 días seguintes ó cese |
1 mes |
Si non hai cambio de localidade do funcionario |
Si existe cambio de localidade, dentro da CC.AA. |
Si hai cambio de CC.AA., excepto |
Si orixe ou destino do Concurso é en Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla. |
Retribución: o prazo posesorio será retribuido pola Administración competente á praza obtida. |
NORMAS PARA DESTINO OBTIDO POR REINGRESO A SERVIZO ACTIVO (sin praza reservada):
FUNCIONARIOS AFECTADOS: si a orde comporta REINGRESO a servizo activo en Adm. de Xustiza procedentes |
|||
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector púbico |
Excedencia voluntaria por interese particular |
Excedencia voluntaria por agrupación familiar ou por suspensión de funcións |
Incluíndose neste caso aos funcionarios que estén adscritos provisionais |
Prazo posesorio en todos estos casos: 20 días hábiles dende a publicación da Orde no BOE. |
|||
Retribución: este prazo posesorio non será retribuido (pola Administración de Xusticia). |
|||
Exemplo: un funcionario en Excedencia por ocupar outra praza do Sector Público, obtén praza e desexa reingresar como funcionario de Xustiza. Ten 20 días hábiles para reingresar a Xustiza, pero Xustiza só comeza a pagar as súas retribucións dende a toma de posesión (e dende ese momento cóntalle ou reanuda a súa antigüidade en Xustiza). |
SUPOSTOS ESPECIAIS DE REINGRESO:
Funcionarios que non queiran ver interrompida a súa relación de Xustiza: |
Funcionarios que se atopen adscritos provisionais no Corpo onde reingresan |
Funcionarios en Activo notro Corpo da Administración de Xustiza |
||
Regras sobre posesión, cese, excedencia no seu caso e ocupación de prazas |
||||
1ª. Dentro do prazo posesorio de 20 días deberán tomar posesión. |
||||
2ª. Teráselles por cesados no seu antigo destino con data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso 3ª. A CC.AA ou Xerencia correspondente lles concederá de oficio Excedencia no Corpo de procedencia (si hai cambio de Corpo dentro de Xustiza), se lles terá por cesados coa data anterior á da toma de posesión, para evitar a interrupción en percepción de haberes. |
||||
4ª. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas, cesarán como consecuencia da posesión do titular |
||||
Permiso especial retribuido nestos casos: |
||||
Dada a necesidade de contar con tempo para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar á Xerencia de Xustiza do actual destino, un permiso retribuido. |
O permiso é de 2 días hábiles se hai cambio de localidade, salvo que deban desprazarse a Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, que será de 3 días. Estos 2 ou 3 días serán dentro do prazo posesorio. |
A toma de posesión debe efectuarse durante os días de permiso. |
POSIBILE DE COINCIDENCIA DE DOUS FUNCIONARIOS TITULARES NUN MESMO DESTINO:
SUPOSTO 1: Se un funcionario en reingreso toma posesión antes dos días 22 ou 26 de febreiro nun órgano xudicial onde houbese destinado un funcionario en activo ou en servizos especiais ou en excedencia por coidado de familiares, ou outro funcionario adscrito provisional quen tamén houbera de trasladarse por obter un posto de traballo en concurso: NON SE SEGUIRÁ A ORDE DE CESE ANTES VISTO, senón que se fará da seguinte forma: |
1 – O funcionario reingresado tomará posesión. |
2 – O funcionario que estaba na praza cesará o mesmo día de posesión do reingresado, comezando entón a contarlle o primeiro dos seus días de prazo posesorio. |
3 – Si o funcionario así cesado tomara posesión noutro destino ocupado por outro funcionario que aínda non cesou, farase igual que nos puntos 1 e 2. |
SUPOSTO 2: Cando tome posesión un funcionario (chamémoslle A) en activo, en servizos especiais ou excedencia por coidado de familiares, e non cesase aínda o funcionario (chamémoslle B) que deba reingresar ou que esté adscrito provisional, seguiranse estas regras: |
4 – O funcionario A tomará posesión. |
5 – O funcionario B cesará o mesmo día de posesión de A, comezando a contarlle a B o prazo posesorio. |
6 – Si o funcionario (B) cesado tomara posesión nun órgano xudicial ocupado por outro funcionario aínda non cesado, actuarase igual que nos puntos 4 e 5. |
Novidade 2021: Quenes, xustificadamente, non atopasen aloxamento (pola pandemia) na localidade de destino e sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíase o prazo de Cese e Toma de Posesión polo tempo imprescindible para solventar o caso concreto. Comunicarase á CC.AA ou Xerencia e se aportará a documentación acreditativa da imposibilidade de toma de posesión e, unha vez finalizada dita imposibilidade, deben igualmente comunicalo, cesando ó día seguinte a esta notificación e contando entonces os prazos posesorios. |