🗓️ do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2026
🔗 Enlace nova WEB Consellería (12/06/2026)
ACLARACIÓN IMPORTANTE!
Esta solicitude de RESTRICIÓN (voluntaria) é SÓ para posibles CHAMAMENTOS 📞 (a partir de setembro durante todo o curso escolar 2026/2027) para o persoal docente en Listas de sustitucións/interinidades que non lle sexa nomeado destino (interinidade) en agosto na resolución definitiva do CADP
NON ten NADA que ver nin co CADP nin coas COMISIÓNS (Saúde ou Conciliación)
RESTRICIÓN de CONCELLOS
CAUSAS para poder REDUCIR/RESTRINXIR de CONCELLOS para os chamamentos (desplegable👇)

..
📝 SOLICITUDE (xeración) en https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ (necesario autentificarse)
..
✍️PRESENTACIÓN en SEDE ELÉCTRONICA – (PR004A) Solicitude Xénerica (necesario autentificarse) (desplegable👇)
· No campo ASUNTO: SOLICITUDE DE PRESTAR SERVIZOS EN DETERMINADOS CONCELLOS en PRIMARIA e/ou SECUNDARIA (segundo corresponda)
· No campo EXPÓN: Eu (Nome e Apelidos) na Lista(s) de Substitucións e Interinidades do(s) Corpo(s) de (indicar corpo/s) na Especialidade(s) (indicar especialidade/s) estando incluido e alegando unha das casuísticas indicadas no Acordo de Interinos, no meus caso por (indicar especialidade/s), SOLICITO PRESTAR SERVIZOS EN DETERMINADOS CONCELLOS reflexados na documentación achegada.
· No campo SOLICITO: Séxame concedida dita SOLICITUDE
· No campo DESTINATARIO elexir:
– Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e (unha vez dentro)
– Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
· No paso seguinte INDICAR e ACHEGAR:
– SOLICITUDE xerada e asinada en https://www.edu.xunta.gal/substitutos/
– DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA da casuísticas alegadas para poder reducir/restrinxir
· ASINAR e ENTREGAR (Recomendación: descarga a Solicitude e o Xustificante)
Lembra que é obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente e que esta opción será por todo o curso académico.
RESTRICIÓN de PROVINCIAS
✅ CALQUERA docente interino / substituto PODE SOLICITAR a restrición de PROVINCIAS (mínimo 1 provincia) SEN TER que alegar NINGUNHA CASUÍSTICA nin condición.
📝 SOLICITUDE (xeración) en https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ (necesario autentificarse).
❌✍️NON é preciso a súa presentación en sede electrónica.
De ter feito tamén solicitude de Restrición de Concellos (ao ser ésta máis restrictiva) ésta prevalecerá ante a posible solicitude tamén de Restrición de Provincias.
Lembra que será obrigatorio incluír provincia/s (a lo menos unha) na/s que se imparta á especialidade correspondente e que a súa opción terá efectos durante todo o curso académico.
No caso de que non se efectúe opción algunha enténdese que desexas prestar servizos nas catro provincias.
Nos CASOS ESPECIAIS de:
– NON ESTAR aínda CONSOLIDAD@ en Listas antes do 15 de xuño do 2026 ou
– SER ENGADID@ en Listas (a través do resultado das Oposicións 2026 ou Listas Abertas) a posteriori do 15 de xullo de 2026 ou
– Estando CONSOLIDAD@ (cando te chamen a partir de setembro) ter unha CAUSA SOBREVIDA (alegable para restrinxir Concellos) acontecida despois do 15 de xullo
👇
Poderíase facer a redución/restrición (obrigratoriamente) como máximo no 1º chamamento; podéndose facer incluso con anterioridade a ese 1º chamamento a través dun email a (segundo corresponda) persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.primaria@edu.xunta.gal explicando/alegando a túa casuística, achegando a documentación pertinente e indicando os Concellos ou Provincias que restrinxes.
Se queres que te axudemos, contacta con nós
📞CONTACTOS Sedes UGT Ensino
🔗 INFO COMPLETA sobre o PROCEDEMENTO de 📞CHAMAMENTOS para SUBSTITUCIÓNS/INTERINIDADES 👥
NORMATIVA (Acordo de Interin@s · UGT · CCOO · CSIF · ANPE)
Para calquera dúbida, aclaración ou necesidade de axuda…
📞CONTACTOS Sedes UGT Ensino