Sectores

Substitutos e substitutas interinas consolidados nas listas: apertura de solicitude para a restrición de provincia e/ou concello

Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo quinto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).

CONCELLOS:

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

A solicitude xunto coa documentación xustificativa deberá presentarse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2024, ambos incluídos, do seguinte xeito:

  • Accede á sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Preme no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”.
  • Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Preme no botón “Aceptar”.
  • Introduce o teu NIF e a túa contrasinal de Chave 365 ou identifícate co teu certificado dixital.
  • Neste intre xa podes cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A).

A continuación enche o formulario da solicitude tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE DE PRESTAR SERVIZOS EN CONCELLOS PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda)

b) No campo DESTINATARIO debes elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude preme no botón “Continuar”.

Neste paso debes anexar a seguinte documentación:

  • A solicitude de prestar servizos en concellos previamente cuberta na aplicación web substitutos https://www.edu.xunta.gal/substitutos/
  • A documentación xustificativa da solicitude de prestar servizos en concellos segundo a causa que se alegue.

Unha vez anexada a dita documentación, preme no botón “Continuar”.

A continuación deberás asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro para o que se che enviará ao teu teléfono un pin que deberás introducir para finalizar a presentación ou no caso de certificado dixital deberás introducir a túa contrasinal.

Por último, a sede electrónica informarache que estará correctamente presentada a túa solicitude e poderás obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

Lembra que é obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente e que esta opción será por todo o curso académico.

PROVINCIAS:

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

A solicitude deberá formularse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2024, ambos incluídos e non será preciso a súa presentación en sede electrónica.

Lembra que será obrigatorio incluír provincia/s na/s que se imparta á especialidade correspondente e que a súa opción terá efectos durante todo o curso académico. No caso de que non efectúe opción enténdese que desexas prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.