O Goberno de España ratificou as condicións recollidas na primeira das cláusulas adicionais retributivas para o ano 2023, vinculada ao IPCA, tal e como foi recollido no citado Acordo asinado polas organizacións sindicais de UGT e CCOO.
No día de onte, 28 de setembro de 2023, tivo lugar reunión da Comisión de seguimento do Acordo Marco para unha administración do século XXI, conformada pola Secretaría de Estado de Función Pública e os sindicatos CCOO e UGT.
O Goberno de España ratificou na citada reunión que se cumprían as condicións recollidas na primeira das cláusulas adicionais retributivas para o ano 2023, vinculada ao IPCA, tal e como foi recollido no citado Acordo, e que lembremos, asinado polas organizacións sindicais de UGT e CCOO.
Trátase dunha medida xa negociada e acordada (en virtude do referido Acordo Marco) e referendada legal e presupuestariamente pola Lei 31/2022 de PGE para 2023, non precisando de ningún desenvolvemento normativo nin orzamentario específico, pois a suma do IPCA de 2022 e o de setembro de 2023 supera o 6%, condición que serve para activala.
Tan só require (como prevé a propia LPGE) do acordo do Consello de Ministros, o próximo celébrase o martes 3 de outubro, polo que entendemos que esta cuestión será materia obxecto do Consello.
Este incremento débese producir na nómina do mes de outubro en todas as administracións públicas, mellorando a capacidade de compra de 3,5 millóns de traballadoras e traballadores do sector público. En definitiva, unha boa noticia que, vén amortecer e paliar os efectos da inflación.
O Acordo Marco continúa vivo e, confiamos, vai seguir contribuíndo a mellorar as condicións de traballo das empregadas e empregados públicos, pois seguimos avanzando noutras melloras do Acordo Marco, como son a xubilación parcial anticipada do persoal funcionario, a clasificación profesional e a definición do carácter mínimo dos permisos e días adicionais de vacacións definidos no Estatuto Básico do Empregado Público. Moitas destas melloras están pendentes da súa aplicación, á espera da investidura do próximo presidente do Goberno de España.