O Acordo Marco para unha Administración do Século XXI asinado por UGT e CCOO recolle para 2023 dúas subidas salariais: unha subida fixa do 2,5%, máis dúas subidas variables do 0,5% cada unha. A primeira operará se o IPC harmonizado de 2022 e 2023 supera o 6%, ten carácter retroactivo, consolidable e farase efectiva en outubro de 2023. A segunda cobrarase se o PIB en 2023 alcanza o 2,1%.

A falta da publicación do IPC de finais de setembro, todo parece indicar que o IPC harmonizado do ano 2022 e 2023 será superior ao 6% e que o conxunto de empregados e empregadas públicas verán na súa nómina de outubro este incremento previsto no Acordo Marco.

Son sen dúbida boas noticias para o conxunto dos empregados e empregadas públicas do noso país, que contarán cunha subida salarial asegurada grazas á responsabilidade que UGT Servizos Públicos demostrou avalando coa súa firma este Acordo. Ao incremento pactado ata a data falta aínda sumar o 2% fixo para 2024 máis outra 0,5% variable asociado ao IPC harmonizado dos tres anos anteriores.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.