O pasado día 11 a Consellería do Medio Rural, remitiu unha listaxe coas prazas anunciadas en Moura para a contratación de persoal temporal do servizo de prevención de incendios forestais.
UGT ante esta comunicación puxémonos en contacto coa Secretaría Xeral Técnica co fin de trasladar o malestar do persoal sobre esta proposta de cobertura mediante chamamento a listas.
UGT entendeu e asumiu os chamamentos realizados anteriormente, durante o mes de agosto, co fin de poder proceder a ter a maior cobertura posible de prazas, en atención ás posibles continxencias que se puidesen producir nos meses do verán, non obstante neste momento trasladamos á SXT que debería procederse ao retorno de chamamentos habitual, procedendo a dar opción ás adscricións e comisións de servizos, ás persoas que teñen prazas en calidade de fixas ou na condición de funcionario/a de carreira, é de seu que estas persoas teñan a opción a poder achegarse a aquela praza que polo seu interese lles podan resultar máis interesantes.
A Consellería atendendo á nosa petición remitiu no día de hoxe unha listaxe coas prazas que se retiran dos chamamentos do pasado día 11.Na siguinte tábao podes comprobar as prazas ofertadas (remarcadas en azul) e as retiradas (en vermello).