Sectores

SPIF Listas Decreto 37/2006: Convocatoria Probas Físicas e de Agudeza Visual

Convocase para realizar as probas físicas Field test e Pack test e de agudeza visual ás seguintes categorías:

  • Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I, categoría 38).
  • Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (grupo II, categoría 039).
  • Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo III, categoría 100).
  • Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (grupo IV, categoría 033).
  • Bombeiro/a forestal condutor (grupo V, categoría 14A).
  • Bombeiro/a forestal (grupo V, categoría 14).
  • Vixilante fixo/a (grupo V, categoría 10B).

As probas físicas e de agudeza visual realizaranse en chamamento único nas seguintes datas e lugar:

Pack test:

  • Días 11, 12 e 13 de marzo de 2024. O día e horario concreto publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/
  • LISTAXE

Field test:

  • Días 18, 19, 20, 21 e 22 de marzo de 2024. O día e horario concreto publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/
  • LISTAXE

Probas de agudeza visual:

  • Días 6 e 7 de marzo de 2024, segundo a seguinte táboa:
Día e horaApelido 1Apelido 2Nome

6.3.2024 9.00
DesdeAbilleiraMartínezMaría Elisa
AtaGutiérrezLópezDiego

7.3.2024 9.00
DesdeGutiérrezPaezFrancisco
AtaVillapúnCarballoMaría del Mar

Dado que a vixencia das probas é anual, están obrigados a realizar estas probas todos os aspirantes convocados en chamamento único ás probas de Field test e proba visual.

As persoas aspirantes:

  • Acudirán á realización da proba provistos do DNI.

Si vas a realizar o Pack test ou o Field test debes:

  • Remitir no prazo de 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde
    • asinado por un colexiado en exercicio en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.
    • O certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente.
  • O certificado debes dirixilo
    • a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, (formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A)
    • á Sección de Persoal da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente segundo a táboa seguinte:
Xefatura TerritorialApelido 1Apelido 2Nome

A Coruña
DesdeAbadPiñeiroPablo
AtaEirasLueiroLeandro

Lugo
DesdeEirasOteroAlfredo
AtaListeRecareyJosé Daniel

Ourense
DesdeLizFernándezÓscar
AtaPuenteVilasJosé Antonio

Pontevedra
DesdePuentesFernándezHéctor
AtaZasRodríguezDiego

As persoas que foron convocados o pasado día 20 de febreiro á proba física derivada do proceso selectivo teñen que facer novamente a proba física. Non obstante están exentas de presentar o certificado médico, toda vez que ese certificado esta en poder da administración e conta con validez.

LISTAXE DE PERSOAS EXENTAS DE PRESENTAR O CERTIFICADO MÉDICO

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.