Respecto á anulación de medidas anticovid:
UGT considera que non se dan as condicións de relaxar as medidas de protección para o persoal, dado que non se teñen realizado melloras necesarias nas instalacións, nin se estableceu un sistema eficiente para limitar o contacto co persoal de grupos de traballo distintos, que é a única medida que se ten demostrado realmente eficiente fronte a posibilidade certa de contaxio, posto que se amosa que seguen a aparecer positivos de xeito reiterado dentro do operativo, polo tanto a única medida certa que funciona e limita o contaxio.
Por lo tanto, sobre isto, UGT reclama:
- Mantemento das gardas localizables en quenda de noite e a implementación distas para festivos e domingos con IRDI baixo.
- Mantemento de grupos burbulla ampliando a binomio Brigada-Motobomba para evitar que o quinto compoñente rote.
- Establecer de forma clara desde os Distritos un escalonamento de entradas con a lo menos 45 minutos de diferencia para dar tempo a que o persoal saliente desinfecte a zona usada.
- Abrir, con urxencia, la mesa de diálogo sobre horarios del SPIF para posibilitar os grupos de traballo alternos con horario ampliado 10-12 horas.
Paso a período extraordinario de alto risco:
UGT considera que a comunicación recibida, confunde sen especificar que se pasa a activar o período extraordinario de alto risco, simplemente comunícase que se activa o período extraordinario, vamos a supoñer que é un error de comunicación e non un esquecemento con segundas intencións.
Non parecía clara a necesidade, nin en base á incidencia de incendios neste momento nin á predición meteorolóxica que se manexaba e confirmouse coa anulación de dito período días máis tarde antes de que fose efectivo.
UGT reclama:
- En primeiro lugar a cobertura de todos os postos mediante as figuras legalmente establecidas e recollidas no V Convenio Colectivo Único: adscricións e cobertura por listas, tanto das prazas vacantes como as non vacantes. Ante a posibilidade dunha alta incidencia de incendios o operativo ten que estar ao 100%
- Si hai unha necesidade derivada dunha situación de alto risco, consideramos necesaria a mobilización de todo o operativo dispoñible, elo inclúe a activación do persoal de 6 meses, fundamental para este servicio.
- A activación do alto risco non debe producir unha merma nas medidas de seguridade e prevención anticovid, se non todo o contrario xa que a máis persoal e máis intensidade de traballo máis risco de contaxio, polo que en contra do que se anunciou, eliminando gardas localizables nocturnas e grupos burbulla, o que pedimos é que se implementen máis medidas como a escalada de entradas e os grupos alternos de traballo.
Respecto a la colaboración de la ume en queimas prescritas:
UGT mantén desde fai anos que deben ser realizadas polo persoal propio do SPIF, no hai ninguén mellor preparado que os nosos profesionais, nin con tanto coñecemento do terreo. Certo é que se debe cambiar a metodoloxía do traballo para poder ter maior seguridade na súa realización e planificación, con unha maior implicación nelas do noso persoal, para elo solicitamos:
- Que la planificación e realización de queimas prescritas se faga por parte do persoal do SPIF en exclusiva xa que son un elemento de PREVENCIÓN básico.
- Que se retome a negociación dos horarios alternos estendidos 10-12h xa que benefician a realización das mesmas e que promova a flexibilidade de xornadas para a súa realización, sempre en base ao dialogo e a negociación cos traballadores e traballadoras.
- Aproveitar estas queimas prescritas para realización de exercicios de coordinación con axentes externos ao SPIF que interviñen na extinción, tal como a UME e outros, en xornadas tipo TREX FIRE que recentemente se realizaron en Andalucía e Portugal, pero sempre como un exercicio e con todo o noso persoal activo, incluído o persoal de 6 meses xa que o que se busca é un adestramento para situacións de alta carga de traballo.