UGT e os sindicatos representativos na Administración Local de Galicia solicitamos que se conforme unha Comisión ou Foro en materia de servizos sociais na Administración local en Galicia, toda vez que as relacións laborais e de emprego son determinantes para a mellora e calidade destes servizos esenciais que se prestan.

Entre a finalidades e funcións da FEGAMP contemplase elevar consideracións e posicións a outras administracións e o asesoramento e apoio dos asociados, entre outras, polo que debe terse en consideración e formalizarse a participación e consulta nesta materia dos representantes do persoal empregado públicos na Administración Local en Galicia.

Polo propio carácter da FEGAMP e a conformación dos órganos da mesma en representación de todos os concellos de Galicia, nos que a xestión municipal dos servizos sociais comunitarios un servizo público de primeira orde e no que se debe garantir a calidade e cobertura equilibrada na atención das necesidades sociais.

O colectivo de persoas traballadoras sociais inciden en dar unha nova sinal de alerta sobre a necesidade de abordar a problemática dos servizos sociais comunitarios que prestan os Concellos en Galicia.

A aportación do Foro constituído pola FEGAMP cos sindicatos en materia de estabilización, e as recomendacións e soporte que emanaron de dito Foro, son un precedente moi positivo que nos anima a continuar nesa liña de traballo.

Quedamos a espera de que se nos cite para unha reunión, o antes posible, e contar coa vontade da FEGAMP para colaborar e conformar un Foro sobre servizos sociais dos concellos de Galicia.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.