Sectores

Solicitude de UGT de dous días por asuntos propios en 2024

Dado que o PORTAX contempla 7 días de asuntos propios no ano 2024, UGT remitiu unha solicitude á Dirección Xeral da Función Pública a fin de de que se dite unha instrución que determine que o persoal empregado público da Administración Xeral da Xunta de Galicia, terá dereito a desfrutar de dous días adicionais de permiso por asuntos particulares durante el año 2024.

A Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, regula na súa instrución décimo cuarta os permisos por asuntos particulares, determinando:

1. Ao longo do ano, o persoal funcionario e o persoal laboral teñen dereito a seis días de permiso por asuntos particulares, sen necesidade de xustificación.

5. Incorporarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola comunidade autónoma, cando coincidan en sábado no dito ano, agás os traballadores a quendas que xa teñen garantidos o número de festivos anuais a través das táboas horarias.

O artigo 45.Un do Real Decreto 2001/1983, de 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, enumera as festas laborais de ámbito nacional, de carácter retribuído e non recuperable, distinguindo entre as sinaladas nos apartados a), b) e c), que teñen o carácter de nacional non substituibles polas Comunidades Autónomas, e as reflexadas no apartado d), respecto das cales as Comunidades Autónomas poden optar entre a celebración no seu territorio de ditas festas ou a súa substitución por outras que, por tradición, lles sexan propias.

Polo tanto e tendo en conta que os días 6 de xaneiro e 12 de outubro teñen carácter de festividade laboral de ámbito nacional, de carácter retribuído, non recuperable, así como non substituible pola Comunidade Autónoma en virtude do establecido no Real Decreto mencionado no parágrafo anterior e por coincidir en sábado no ano 2024, de conformidade co punto 5 da Resolución citada UGT interpreta que corresponden 8 días de asuntos particulares.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.