Os sindicatos UGT-SP e CCOO solicitamos con urxencia un encontro co Director
Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional, D. Jesús Manuel Álvarez Bértolo. O
propósito desta reunión é abordar as seguintes cuestións:
● Implementación do Acordo de Xubilación Parcial na ensinanza concertada.
● Análise da situación do persoal docente nos centros con exceso de ratio.
Cal é o estado da xubilación parcial?
Temos preocupación pois, a pesar de que as negociacións previas coa Consellería
parecían avanzar positivamente cara a un acordo de xubilación parcial, a
convocatoria da próxima Mesa Tripartita aínda non foi fixada. O goberno xa está
formado, a Consellería organizada e o curso académico achégase ao seu fin.
Consideramos que é o momento de actuar.
Cal é a situación do exceso de ratio?
A aplicación de anteriores acordos de mantemento de emprego provocou un
incremento das horas concertadas por riba da ratio habitual. Esperábase que, co
paso do tempo, as xubilacións ou outras novas circunstancias de contratación
axustasen este exceso. Non obstante, isto non aconteceu en tres das catro
provincias. Este desaxuste revela dúas problemáticas importantes: por un lado, as
empresas aproveitaron este exceso de ratio todo o posible; por outro, a
Administración non realizou adecuadamente a súa función de supervisar os
recursos humanos financiados con fondos públicos.
O problema radica en que aquelas persoas que non teñen responsabilidade algunha
son as que padecerán as consecuencias, algo que UGT e CCOO consideramos
inaceptable. Polo tanto, esiximos ás entidades de ensinanza concertada que atopen
solucións para preservar os postos de traballo. Advertimos que, aínda que estamos
dispostos a colaborar na defensa dos empregos, oporémonos firmemente se o foco
se centra só nas indemnizacións por despedimento.
Igualmente, reclamamos á Administración que procure unha solución efectiva e non
delegue a responsabilidade unicamente nas empresas, xa que foi a propia
Administración a que fallou na súa obriga de vixilancia.
Desde UGT e CCOO comprometémonos a non permitir que o curso finalice sen
resolver estes asuntos críticos.
Sectores
SOLICITUDE CONXUNTA DE REUNIÓNCOA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN
o máis lido
UGT Servizos Públicos
UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.