UGT Servizos Públicos como sindicato máis representativo na Mesa Xeral do persoal empregado público ao servizo da Administración Xeral, Ensino, Xustiza e Sergas na Xunta de Galicia, ven de solicitar, por escrito á Dirección Xeral do Emprego Público e Adminsitración de Persoal, á maior celeridade para que no menor tempo posible se materialicen os incrementos retributivos pactados, e se nos comunique a data prevista de pagamento en nómina.
O Real Decreto-Lei 4/2024 de 26 de xuño, no seu Capítulo II, artigo 6, determina medidas de carácter retributivo do persoal ao servizo do sector público:
- No ano 2024, as retribucións do persoal ao servizo do sector público poderán experimentar un incremento global máximo do 2% respecto a as vixentes ao 31 de decembro de 2023, incluídos nestas últimas os incrementos derivados do previsto no artigo 19.2 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á antigüidade do mesmo, e que este incremento retributivo terá efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2024.
- Se aplicará, tamén con efectos do 1 de xaneiro de 2024, un incremento retributivo adicional e consolidable do 0,5%, respecto ás retribucións vixentes ao 31 de decembro de 2023, se a suma da variación do IPCA dos anos 2022, 2023 e 2024 superase o incremento retributivo fixo acumulado de 2022, 2023 e 2024. Se aprobara a aplicación deste incremento mediante Acordo do Consello de Ministros, que se publicará no BOE.
Ambas subas salariais estaban recollidas no Acordo estatal para a Administración do Século XXI, do que UGT e sindicato asinante, publicado a través da Resolución do 14 de novembro de 2022, da Secretaría de Estado de Función Pública. Con ditos acordos chégase no conxunto das adminstracións públicas do Estado, a unha suba básica e mínima do 9,8%, que no caso de Galicia coa aplicación de acordos sectoriais sobre retribucións complementarias elevan en varios puntos o incremento salarial acumulado no mesmo período 2022-2024.
UGT urxe ao Goberno da Xunta de Galicia a axilizar os trámites para que o persoal empregado público vexa reflectido na súas nóminas os acordos asinados por UGT Servizos Públicos.