Sectores

Solicitada a reunión da comisión de seguemento do acordo de interinos


A estabilidade dos docentes interinos e substitutos, así como a seguridade da comunidade educativa en tempos de pandemia, están a ser comprometidas por un tema de «centímetros.»

 

UGT Servizos públicos defende e defendou sempre que sen emprego de calidade non existe a educación de calidade.

 

O anuncio das administracións  de reducir a distancia de seguridade entre alumnado e aumentar as ratios de cara o vindeiro curso escolar  preocúpanos pola posible perda de emprego público que poida implicar.

 

As prazas incrementadas polas exixencias sanitarias debido á pandemia deberíanse manter o ano que vén. Doutro xeito estaríamos a xogar coa calidade da educación e incluso coa seguridade dos alumnos e docentes.

 

Por iso, CCOO ensino, ANPE, UGT Servizos Públicos e CSIF, organizacións asinantes do acordo polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, vimos de solicitar de xeito oficial unha reunión da da Comisión de seguimento do acordo de interinos.

 

Darémosvos cumprida conta das novidades que se produzan ó respecto.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.