En relación coa PANDEMIA do COVID-19, o Goberno da Xunta de Galicia garantiu que os primeiros en ser vacinados preventivamente serían a cidadanía con máis riscos -os nosos maiores das residencias- e o persoal sanitario que atende e presta servizos en primeira liña.
UGT LAMENTA PROFUNDAMENTE QUE por parte do Goberno Galego non se teña NESA MESMA CONSIDERACIÓN AO PERSOAL SANITARIO DOS SERVIZOS CENTRAIS, e a DÍA DE HOXE NON ESTÉ VACINADO
A UNIDADE de Atención SANITARIA aos traballadores dos Servizos Centrais ven sendo, nas consultas e nas campañas anuais de vacinación da gripe, exemplo de boa xestión polos seus números en canto a atención primaria desta unidade en San Caetano.
Os RISCOS pola ATENCIÓN AOS TRABALLADORES da Xunta, ao longo desta situación epidemiolóxica, son evidentes, ao RECIBIR E ATENDER en primeira instancia e ter que DERIVAR, consultados e analizados os casos sintomáticos, aos Servizos de Urxencia.
NESTES MOMENTOS, INICIADA A CAMPAÑA DE VACINACIÓN do PERSOAL SANITARIO, debemos reprobar a ACTUACIÓN dos RESPONSABLES da VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO (SR. RUEDA) polo aband.ono e desconsideración aos seus traballadores desta Unidade, TRES MÉDICAS/OS e UNHA ENFERMEIRA.
REPROBAMOS ESTA LIÑA DE ACTUACIÓN E ESIXIMOS A IMEDIATA VACINACIÓN DO PERSOAL SANITARIO DOS SERVIZOS CENTRAIS EN SAN CAETANO.
Diriximos escrito neste sentido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería