Situación actual da Lei BBFF:
- Prazos lexislativos e atrasos:
Conseguiuse o compromiso do PP que o trámite da lei no Senado sería rápido, e sen esgotar os 2 meses máximos que marca a lei para a súa tramitación no Senado. Con todo, debido a cuestións que descoñecemos, os prazos están a prolongarse, e iranse aos dous meses limite, incumprindo así as garantías de celeridade prometidas.
- Non esquezamos que isto vén, tras a negativa para tramitar a lei por vía de urxencia:
Solicitouse que o trámite se tramitase de urxencia para acelerar o proceso, pero esta solicitude foi rexeitada. A pesar diso, comprometéronse que o trámite sería áxil, cousa que non sucedeu.
- Conseguimos que todos os partidos non presentasen emendas ao texto, para non retardar o proceso, e das presentadas o único que mantén esas emendas é o PP. O resto retiraron para non retardar o trámite.
- Emendas introducidas polo PP que prexudican:
Durante a tramitación, introducíronse emendas que modifican aspectos clave da lei, prexudicando ao colectivo especialmente en relación a temas como que quede claro a categoría de bombeiro forestal, as funcións, prevención de riscos laboral, e o peor, que non se nos outorguen os coeficientes redutores para xubilados anticipadamente.
Lamentablemente a lei de BBFF, que é de natureza técnica e afecta o noso colectivo o cal é moi específico e necesitado, está a ser tratada de maneira política, retardando o proceso e introducindo emendas que non melloran a lei e que poderían desvirtuala.
Mobilizacións e accións futuras:
Exponse a posibilidade de realizar concentracións e mobilizacións para presionar ao Partido Popular no Senado co fin de evitar que a lei se dilúa ou perda o seu efecto.
Se o PP segue coa súa liña, hai que ter en conta que cando volva o texto ao Congreso, os sindicatos temos que realizar, outra vez o traballo de pactar, conversar e negociar cos partidos políticos o apoio que xa tivemos o 23 de xullo, para que sexan rexeitadas as emendas introducidas no Senado polo a PP e restaurar o texto orixinal aprobado na Cámara Baixa, o Congreso.
En resumo enfrontámonos a un escenario complicado, onde o proceso lexislativo dunha lei importante para o noso colectivo está a ser retardado e politizado polo PP e estanse introducindo cambios que prexudican a todos nós/as. Ante isto, formularanse mobilizacións para tentar reverter as emendas e defender o texto orixinal.