A convocatoria está aberta ao persoal estatutario fixo pertencente á categoría de enfermeiro/a que, na data da entrada en vigor do Decreto 81/2016, ou nun momento anterior, desempeñase no Servizo Galego de Saúde as funcións propias da especialidade e acredite o título da especialidade de enfermaría pediátrica ou de saúde mental, segundo a especialidade en que se pretenda ingresar.
Non poderán formalizar a súa inscrición neste proceso as persoas que xa posúan arestora a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal enfermeiro/a especialista do Servizo Galego de Saúde, na especialidade de enfermaría pediátrica ou de saúde mental, respectivamente.
O número de prazas que se convoca no presente proceso, na categoría de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de enfermaría pediátrica e de saúde mental, especifícase no seguinte cadro: