UGT Servizos Públicos presentou demanda de tutela de dereitos fundamentais por impedir o SERGAS a participación dunha persoa en representación do sindicato na Comisión central de seguridade e saúde do SERGAS, atendendo O SERGAS unha recusación instada por CCOO e desbotando as argumentacións de UGT.
A persoa representante de UGT na Comisión central de Seguridade e Saúde foi nomeada polo sindicato UGT Servizos Públicos e mesmo participou durante dende xullo de 2019 cumprindo co establecido no Acordo sindical que regula a composición e funcionamento da referida Comisión e non ocasionou ningunha incidencia no funcionamento da mesma, segundo se reflicte nos feitos probados da Sentencia do Xulgado do social de Compostela.
A sentenza declara que se cometeu unha lesión do dereito fundamental á liberdade sindical de UGT ao vetar a administración a presencia dun representante de UGT, Sindicato que forma parte da Comisión Central de Seguridade e Saúde do SERGAS, o que incide no dereito de UGT á súa propia e libre autoorganización interna. Conclúese, polo tanto, que o dereito de acción sindical de UGT-Servizos Públicos, integrante do dereito á liberdade sindical (art. 28 CE), resulta lesionado co veto do SERGAS á designación do seu representante na Comisión Central.
O sindicato lamenta, que pasado ano e medio da designación da persoa representante do sindicato, se tramite unha recusación propiciada por un escrito de CCOO do 25 de novembro de 2021, que o SERGAS xestiona cunha celeridade exemplar e así debería ser en otras materias de persoal e asistenciais nas que a longa espera é a característica principal, resolvendo o 21 de decembro de 2021 que dita persa non podía exercer esa representación agás que estivese liberado sindical a tempo completo.
A sentenza ordena o cese inmediato da prohibición de asistir ás reunións da Comisión Central de Seguridade e Saúde do representante que nomea UGT; e condena á Consellería de Sanidade e ao SERGAS por unha conduta de vulneración da liberdade sindical con imposición de indemnización de 6.250 euros por danos e perxuizos causados, aínda que o dano irreparable foi impedir que un representante altamente cualificado poidese estar cumprindo coas súas funcións na Comisión Central de Seguridade e Saúde do SERGAS no período de maior gravidade da pandemia COVID.