RESUMO DO ACORDO
- Intersustitución: pagarase o 100%, inclúen matrona pero non inclúen farmacéutico pq hai efectivos nas listas.
- Acumulo de cota en vacante: 4.5 h/semanais por 12.000 €/ano, con axenda pechada.
- Prolongación xornada: reducen a 4h e aumentan 10% a retribución. Non se van a excluír domicilios nin urxencias.
- Engádense centros illados aos que xa había, xa que se engade o parámetro de «difícil cobertura» para definilos.
- Auméntase un 50% a retribución dos complementos G e F.
- Xornada complementaria en PAC: aumentan o valor da hora a partir de 160 e ata 190h/mes.
- Persoal de xornada ordinaria que fai gardas voluntarias en PAC: increméntase un 20% o valor da hora a partir das 550h/ano.
- Elaborarase un protocolo/manual para definir as coberturas e homoxeneizar criterios entre áreas.
- Tentarase o inicio destes incrementos para o 1 de xullo pero está pendente de tramitación final (para matrona podería tardar máis por motivos técnicos)
- Comprométense a realizar unha revisión de retribucións, funcións e demais da área administrativa (PSX).
OUTROS ANUNCIOS
- Prolongación do uso de taxi para AP ata o 30 de setembro.
- O Sergas fai un chamamento ás comisións de centro para que non se demoren as coberturas de vacantes.
- O SERGAS anuncia que coa reforma do estatuto Marco haberá que revisar os criterios de cesamento, que se tratarán en mesa.
- Con respecto as OPES O SERGAS informa que nos concursos de méritos moitas CCAA pediron que se valore máis o tempo traballado no Sistema de Saúde da propia comunidade, pero están pendentes de ver se é viable.
- As puntuacións provisionais das OPEs realizadas en abril e maio de 2022 publicaranse a mediados de xullo.
- Tamén sobre esa data publicaranse as listas de contratación das categorías que están pendentes, para poder incluír así as notas de OPE das que corresponda.
- Crearanse os grupos de traballo que revisen a situación da enfermería e a de Medicina Interna (esta será a semana do 11 de xullo).
- Haberá reunión proximamente para valorar a situación da carreira profesional a raiz das sentenzas recentes.