Sectores

Sentenza do Tribunal Supremo: Dereito a cobrar complemento de noites, domingos e festivos no mes de vacacións

Así o determina a Sala do Contencioso do Tribunal Supremo o pasado mes de maio nunha sentencia na que estima un recurso de casación, establecendo que os conceptos relativos á nocturnidade e traballo en domingos e festivos forman parte da retribución ordinaria e deben ser incluídos no salario do mes de vacacións, calculando o seu importe sobre a media aritmética dos devanditos conceptos nos once meses inmediatamente anteriores ao período vacacional.

A Sentenza é de especial importancia en ámbitos e sectores de actividade nos que se interpreta “ata o de agora” que o dereito a percepción de retribucións de noites, domingos e festivos está condicionado a prestación efectiva. O Tribunal manifesta que esta práctica supón unha vulneración do principio de vacacións integramente remuneradas.

Poñemos o nosos servizos xurídicos a disposición das persoas interesadas en efectuar as reclamacións oportunas consonte ao contido de dita sentenza.

Para máis información diríxete aos teus delegados/as e seccións sindicais de UGT.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.