Sectores

Sentencia no Conflito Colectivo do sector do XII Convenio Colectivo de Infantil


Como xa vos informamos, UGT Servizos Públicos e as organizacións asinantes do convenio, presentamos demanda no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe polo incumprimento por parte das patronais do sector da Disposición final quinta e a aplicación da Disposición transitoria novena, previstas como cláusulas de revisión salarial para os Centros de Educación Infantil de xestión directa e aos Centros pertencentes ás antigas obras sociais, propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros. A mediación que tivo lugar o martes 19 de abril, finalizou tendo como resultado a FALTA DE ACORDO.

 

Esta falta de acordo fixo que presentásemos na Audiencia Nacional demanda por conflito colectivo contra as patronais, cuxo xuízo se celebrou o pasado 8 de xuño.

 

Pois ben, xa coñecemos a Sentenza na que nos dan a razón. O FALLO da mesma di “que as persoas traballadoras dos Centros de Educación Infantil de xestión directa e aos Centros pertencentes ás antigas obras sociais, propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros, teñen dereito a un incremento salarial adicional, desde o 1 de setembro de 2021, dun 5,5%”.

 

GT Servizos Públicos, mostra a súa satisfacción co FALLO da Sentenza. O Convenio Colectivo deseñouse cunhas cláusulas de garantía salarial que debían ser respectadas porque forman parte do Convenio. UGT Servizos Públicos reitera que co salario dos traballadores e das traballadoras non se xoga.

 

 

    Sindicato Nacional de Ensino Privado    

    XUNTOS PODEMOS MÁIS    

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.