Cobertura gratuíta de subsidio por suspensión temporal de emprego e soldo, en caso de sentencia xudicial ou sanción administrativa, e defensa penal.

Todas as persoas afiliadas á Federación UGT Servizos Públicos(1) están aseguradas nunha póliza colectiva gratuíta coas seguintes coberturas:

Garantías engadidas e límites de gastos (2)

  • Subsidio por suspensión temporal de emprego e soldo hasta 2.400 €/mes (máximo 72 meses)
  • Defensa penal e fianzas, hasta 4.500€ por sinistro.
  • Reclamación de danos corporais, ata 4.500€ por sinistro.
  • Asistencia xurídica telefónica para temas del ámbito privado.

Nas garantías de Defensa penal e Reclamación de danos, en caso de libre elección de avogado e procurador, o límite máximo de gastos xurídicos será de 1.000€

Para solicitar a prestación, será necesario presentar un certificado asinado por UGT Servizos Públicos, que acredite a condición de asegurado á póliza colectiva e onde conste a profesión.

Para máis información consulta coa túa Federación.

(1) Importante: para beneficiarse desta cobertura será necesario ter a condición de afiliado/a á Federación UGT Servizos Públicos e estar ao corrente de pago das cotas sindicais. Quedan excluídos desta cobertura os funcionarios do Corpo Nacional de Policía, o Exército e a Garda Civil.

(2) Por feitos producidos no desenvolvemento da actividade profesional do asegurado axeos á súa vontade e sen declaración de dolo ou culpa grave por sentencia xudicial firme, o traballador ten cubertas as seguintes garantías: Subsidio por suspensión de emprego, cos límites indicados, no caso de suspensión temporal, provisional ou firme, de emprego y soldo, do traballador asegurado, imposta por sentencia xudicial firme e Defensa xurídica da responsabilidade penal do traballador Asegurado e fianzas penais. no desempeño da súa actividade profesional, co límite indicado.

Inform-te Seguro Defensa Penal (2023).pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.