CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos a sinatura do acordo que permite avanzar tamén na redución progresiva das ratios na ESO e no Bacharelato.
Este paso dá continuidade aos compromisos anunciados en abril (https://galicia.ugt-sp.es/paso-historico-ensino-publico-galego-24-04-2026/) e forma parte do desenvolvemento do Acordo sobre Medidas de Mellora do ensino público galego.
Seguimos traballando desde a negociación para que os avances comprometidos se traduzan en melloras reais nos centros, nas condicións do profesorado e na atención ao alumnado.

Toda a información na web da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50377