Como parte dos servizos exclusivos que ofrecemos cada ano á afiliación, dende UGT Servizos Públicos realizaremos o seguimento das solicitudes de comisión ós afiliados que así o soliciten.
En caso de erro manifesto, falta de aportación de documentos ou calquera outra problemática, contaredes con todo o noso apoio para solventar a incidencia.
Se solictastes unha comisión por motivos de saúde ou por conciliación e estades interesad@s en que sigamos de cerca a tramitación, debedes completar os formularios que vos achegarán os vosos liberados de zona.