O pasado día 25 tivo lugar a reunión da Mesa de diálogo en SEAGA, tratándose as seguintes cuestións:
Disposición adicional segunda => Lei de medidas fiscais e administrativas.
Logo da exposición do seu contido, por parte de UGT, e preguntada a empresa sobre si tiñan coñecemento da posible implicación da dita disposición, ao respecto do persoal fixo-descontinuo da Administración Xeral e Entes Públicos, e logo de recoñecer que o descoñecían, quedan en preguntar pola posible afección para os traballadores de SEAGA, do alí establecido.
Réxime da mesa de diálogo
Axústanse distintos puntos non quedando claro o sistema de aprobación e permitindo unha segunda intervención limitada por tempo de outro representante que non sexa o portavoz.
Táboas salariais
A empresa informa de que aínda están pendentes de aprobación pola Consellería de Facenda e Administración Pública, que están insistindo e que en 10 días estiman que sexan aprobadas.
Queren recoller que sexa o mesmo salario para o mesmo traballo, a antigüidade, outros complementos e unha produtividade medible.
Non as aportan para poder ver o desglose por non estar aprobadas.
Permisos
Incorporan os da nova normativa, Real Decreto-lei 5/2023:
- Ampliación a 5 días por enfermidade de familiar ata 2º grado (desaparece o de 3 días).
- Permiso parental de 8 semanas, pendente de aprobación polo regulamento.
- Permiso de forza maior de 4 días, onde valoraran os xustificantes precisos para acollerse o mesmo.
Procesos selectivos
Informan que a idea é que os exames sexan antes de fin deste ano.
Que hai recurso presentado nas categorías P, PE e XB na estabilización en concurso-oposición polo que o seu avance irá a outra velocidade con respecto as outras categorías que non teñen presentado un recurso.
Curso preparatorio para as categorías XB, PE e P será online, voluntario e gratuíto durante o mes de novembro.
Plan de formación
Informan que están activos 2 cursos e en novembro e decembro celebraranse un total de 6.
O curso básico de PRL pásase a 2024 por ter so 9 traballadores anotados-
Os cursos programados para o 4º trimestre pásanse na súa totalidade a 2024.
Horario laboral
Despois de realizar consultas coas provincias e por información recollida por distintos traballadores aportan como propostas de mellora:
- Poder entra as 8:30 e comer en 30 minutos para saír as 17:00.
- Os venres poder facer un horario mínimo de 9:00 – 14:00.
- Fálase tamén de estudiar un horario intensivo para as brigadas de traballo en campo, coa dificultade das horas de luz en inverno e as temperaturas no verán.
Rogos e preguntas
- Por CCOO pregúntase polos criterios a seguir coas horas extraordinarias que realizan os traballadores de velutina e vendima.
- A empresa expón que son partidarias de que sexan sempre devoltas en compensación de horas seguindo os parámetros de devolución recollidos nos aacordos.
- No caso de velutina cóbranse pola alto número de avisos existentes e en vendima devólvense en compensación de horas.
- Por UGT exponse o recente caso dun traballador fixo-descontinuo en Lugo ó que se lle aplica a suspensión de chamamentos (nevera) a todas as categorías nas que o traballador estea anotado, por iso non poden traballar nas listas temporais doutra categoría distinta o seu contrato fixo-descontinuo.
- A empresa expón que a suspensión de chamamentos segue activa para as listas temporais e que o tempo traballado como FD computa para a mesma. Isto leva consigo a precarización do traballo para os FD que poden verse nunha situación de “nevera” continúa en función do momento en que se active o contrato FD que impida o chamamento polas listas temporais.
- Para UGT a solución a isto pasa por un aumento de tempo do contrato FD