Sectores

SEAGA Lei 20/2021: Convocatoria elección de destino

O día 29 de novembro de 2024, a empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA) publicou a Resolución do 29 de novembro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso de méritos, o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso oposición e ás que superaron o proceso selectivo derivado da oferta pública de emprego 209/2022.

  • Listaxe de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos:
  • Postos ofertados
  • Prazo de remisión do Anexo II:
    • Dous días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, debes remitir o Anexo II da resolución, cumprimentado e asinado coa indicación dos destinos seleccionados por orde de prelación.

Toda a información do proceso tela no seguinte enlace:

https://www.epseaga.com/es/ofertas-emprego

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.