Hoxe tivo lugar unha xuntanza coa DXFP ao respecto da modificación das RPTs do organismo autónomo IGE (adscrito á Consellería de Facenda e Admón. Pública) e da Consellería do Medio Rural e da súa entidade adscrita, a Axencia Galega da Industria Forestal – XERA, respectivamente. A proposta é a seguinte:
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA – IGE
Reforzo da Unidade de Modelización Socioeconómica, coa creación dun NOVO POSTO coas seguintes características, e que será financiado con cargo a remanente de crédito da Consellería de Facenda e Administración Pública:
-
Posto base subgrupo A1.
-
Nivel: 20
-
Corpo: XSE.
-
Administración: AXG.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Constitución dunha UNIDADE DE TRABALLO TEMPORAL DE PERSOAL PARA A COLABORACIÓN NA EXECUCIÓN DO PLAN DE MELLORA INFRAESTRUTURAS RURAIS, provista de dous NOVOS POSTOS (vixencia temporal vinculada á xestión de Fondos de Recuperación e Resilencia e outros fondos europeos) de acordo ás seguintes características:
1 Posto: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DE FUNCIÓNS FACULTATIVAS*.
-
Nivel: 22
-
Corpo: EMA.
-
Administración: AXG.
AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL – XERA
Constitución dunha UNIDADE DE TRABALLO TEMPORAL DE PERSOAL PARA A XESTIÓN DE FONDOS NA XERA, provista de dous NOVOS POSTOS (vixencia temporal vinculada á xestión de Fondos de Recuperación e Resilencia e outros fondos europeos) de acordo ás seguintes características:
• 3 postos Enxeñeiros/as Forestais (Corpos especiais, subgrupos A1/A2, nivel 25)*.
• 2 postos Xefatura Sección (Corpos xerais, A1/A2/C1, nivel 25)*.
*Postos a ocupar mediante persoal funcionario de carreira en Comisións de Servizos, e os seus postos de orixe serán cubertos mediante persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal (Listas de contratación temporal DECRETO 37/2006). Os postos serán financiados cunha minoración do orzamento do capítulo II neste exercicio, e con cargo a fondos comunitarios (capítulo VII) nos seguintes.
Finalmente, o DXFP informou de que na reunión de mañá explicaranse pormenorizadamente os criterios a empregar, marcados pola lei, para a elección de prazas dos procesos selectivos que están rematando (estabilización dos anos 2017 e 2018, consolidación e libre). Nos vindeiros días remitiranse as prazas ás OOSS, comezando polas de A1, e explicarase o criterio correspondente, acorde á normativa que regula os procedementos de estabilización. Con carácter xeral, todas as prazas que son de estabilización ou de consolidación ocupadas por persoal indefinido non fixo, están perfectamente delimitadas nas convocatorias, e polo tanto son prazas que se darán a elección de destino. Respecto ás prazas de estabilización son as que cumpren os requisitos no momento das convocatorias do Estado. De tal xeito que nestes procesos hai que sacar as prazas a elección de destino que á súa vez estean ocupadas por persoal interino, sen incremento nin decremento de prazas. Polo tanto, irán as prazas coas que se realizaron as ofertas e convocatorias correspondentes.
E logo respecto ao resto das prazas (libre e de persoal indefinido non fixo), seguirase o seguinte criterio:
LIBRE (As prazas de libre daranse en primeiro lugar sobre vacantes puras, e no caso de que non chegasen, daríanse sobre as do persoal interino de menor antigüidade. Se aproba persoal interino que non sexa de estabilización, sacase a elección de destino a praza do persoal interino que aproba, para evitar que salte máis persoal que o estritamente necesario. Só terían que saltar os que están convocados en estabilización.
PERSOAL INDEFINIDO NON FIXO (As prazas están perfectamente identificadas). A Dirección Xeral de Función Pública ten os listados correspondentes, feitos de acordo aos requisitos dese momento, que serán trasladados ás OOSS nos vindeiros días.