Sectores

Reunión modificación RPT da Conselleria De Medio Rural Brigadas Helitransportadas


UGT asistiu a reunión na que se tratou a modificación da RPT da consellería do MR para a creación de brigadas helitransportadas nas bases de O Barco, Xurés, Queimadelos, e o reforzo nas de Marroxo e Vilamaior.

UGT manifesta que está de acordo co fondo desta modificación valorándoa de xeito positivo xa que aparte de supoñer unha creación de prazas, atende a unha reivindicación exposta reiteradamente por esta organización en toda e cada unha das ocasións nas que foi posible, como é a recuperación dun servizo de incendios 100% público para a Comunidade Autónoma de Galicia. Este sería un paso importante na dirección correcta pero non o fin do camiño que non estará completo namentres existan medios fora do operativo público.

UGT non pode estar de acordo co contido da modificación proposta polo que facemos as seguintes consideracións para que se teñan en conta e poidan ser corrixidas aquelas cuestións que entendemos que se deben modificar na proposta:

  1. A conformación das brigadas helitransportadas non é a natural do SPIF, 2 BFXB, 2 BFC e 10 BF, substituíndoa por unha conformada por 2 BFXB e 12 BFC. Esta distribución afectaría ao persoal que pode acceder as prazas producindo un desequilibrio no mesmo. UGT solicita que a estrutura das brigadas sexa a tradicional do SPIF.

  1. Partindo da base que UGT está en contra de calquera amortización de prazas solicitamos que se comprobe a situación actual das mesmas xa que nos consta que algunha delas esta ocupada. Asemade UGT considera que as prazas de BF pertencentes a brigadas de extinción de incendios que no seu momento foron adxudicadas a oficiais de incendios e agora están sen ocupación deben volver a brigada e ser ocupadas por BF, co cal pedimos que retiren esas prazas da amortización proposta.

  1. UGT considera que as prazas deben ser creadas no código pertencente ao distrito de localización da base.

  1. No caso dos emisoristas UGT non pode estar de acordo que se propoña que estes realicen as súas funcións en distintos centros de traballo sen a dotación económica correspondente, tal como recolle o VCCU.

  1. UGT entende que é un erro que se incorporen as funcións descritas no PLADIGA en lugar das que realmente corresponden que son as recollidas no VCCU polo que solicita que sexan corrixidas.

  2. Sobre a realización dunha proba física, partindo de que unha boa forma física e inherente a realización do traballo e básica para a protección da saúde dos bombeiros, UGT non pode estar de acordo co que se impoña unha proba física distinta a pasada por outros integrantes das BHT da Xunta, nin que se poña como requisito o paso da mesma anualmente só para estas prazas de nova creación. Creemos que isto forma parte de outra negociación mais ampla onde esa esixencia para os bombeiros ten que levar outras contrapartidas como os coeficientes redutores e enfermidades profesionais xa que a idade xunto con estas poden ser causas de que un bombeiro non pase esta proba.

  3. UGT considera que a administración ten que abrir as listas de contratación para o persoal do SPIF e actualizalas para que, no caso de que se produzan chamamentos, estes se fagan sobre a posición real que ocupan os traballadores nelas. Reivindicación que xa reiteramos noutras reunións pois levan anos pechadas.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.