⛓️‍💥ROTURA da Unidade Sindical en POLÍTICA SOCIAL pola Convocatoria Unilateral da CIG de mobilizacións

A Convocatoria Unilateral da CIG de mobilizacións rompe a Unidade Sindical

Informamos de que a unidade sindical formada por CIG, CCOO, UGT, USO, CUT e SNEP queda rota tras a convocatoria unilateral dunha concentración por parte da CIG, sen consenso nin comunicación previa ao resto de organizacións, vulnerando todo o acordado en canto a lemas e priorizando os intereses e rédito sindical por riba da defensa das persoas traballadoras.

Esta actuación vulnera os acordos de lealdade e traballo conxunto mantidos durante meses, facendo inviable a continuidade da unidade.

CCOO, UGT e USO seguimos comprometidas coa defensa rigorosa e honesta dos dereitos das traballadoras e traballadores, mantendo as accións acordadas nos centros de traballo.

🔗COMUNICADO EN PDF (enlace)

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.