UGT Servizos Públicos de A Coruña manifesta o seu rexeitamento ao que aconteceu no pleno do concello de Arteixo do pasado xoves 30 de xuño, onde, en contestación a preguntas da concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Dona Ana Cedeira, sobre o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no concello de Arteixo, tanto a concelleira de Servizos Sociais, Dona Inés Ramos, como o propio alcalde, Don Carlos Calvelo, tiveron unha actitude arrogante e de desprezo total e absoluto nas súas respostas, chegando a acusar de politizar e facer demagoxia co mesmo e de buscar o conflito para sacar rédito político e, o que é ainda máis indignante, criminalizando as propias traballadoras e sinalándoas dicindo “que teñen que ser máis profesionais”, e acusando dunha maneira velada ás afiliadas a UGT de actuar dunha maneira destructiva. E a renglón seguido chega incluso a xustificar, de xeito indecente e copiando os recurrentes discursos aos que por desgraza nos teñen acostumados dende a ultradereita, que as baixas por enfirmedade que se producen no servizo, non se poden cubrir porque as persoas que se chaman para cubrirlas rexeitan traballar xa que están a percibir o ingreso mínimo vital “por culpa do goberno do PSOE, que lles da 400 euros ao mes a familias que non queren traballar, sen ningún tipo de seguimento”. E o di unha concelleira que cobra máis de 45.000 euros anuais, e que sabe (ou debería saber) que é falso o que di, e que como responsable de servizos sociais no concello, debería ser máis empática coa xente que non ten outro remedio que recurrir a estas axudas mínimas para poder comer e satisfacer as súas necesidades básicas e as das súas familias.


Dende o sindicato queremos condenar todo o acontecido, e solicitarlle á concelleira de Servizos Sociais, ao alcalde e a todo equipo de Goberno, e sinaladamente a algúns dos seus membros que estaban sentados preto de dita concelleira e se comportaron como verdadeiros “hooligans” cando se debatía o asunto do SAF, que no futuro se abstenga de criminalizar a traballadoras que fan un traballo tan delicado e necesario para a cidadanía, e que recentemente todos e todas temos considerado esencial a raíz da pandemia, na que deron mostras máis que sobradas da súa profesionalidade e dedicación, mesmo en situación moi difíciles, antepoñendo a atención e cuidado aos usuarios e usarias incluso ante a súa propia saúde.


Cómpre tamén que saiba, xa que parece ignoralo, que dende este sindicato temos chegado a acordos recentemente coas dúas empresas concesionarias do servizo, acordos dos que previamente foron informadas e dos que participaron as traballadoras, xa que dende UGT nos caracterizamos por apostar sempre polo diálogo e a búsqueda de acordos entre empresas e persoas traballadoras, como pauta de actuación prioritaria, buscando sempre evitar o conflicto na medida do posible, ao que acudimos sempre como última solución e cando se agotan todas as vías de diálogo e negociación.

 

 

Comunicado de prensa

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.