Sectores

Solicitamos a revisión de oficio das baremacións na fase de concurso de todas as categorías da OPE social


UGT, tras sucesivas publicacións da fase de concurso de distintas categorías da denominada OPE Social, e vendo que presentan os mesmos erros que a primeira categoría publicada (terapeuta ocupacional), presentamos o escrito o pasado o 19 de setembro. Ante esta primeira publicación UGT xa deu a voz de alarma e presentou o escrito solicitando a revisión de oficio dos certificados de experiencia profesional aportados.


As sucesivas publicacións de fases de concurso doutras categorías da OPE Social: psicoloxía, fisioterapia e educador social, como era previsible tras a aplicación do mesmo sistema de valoración de méritos, presentaron os mesmos erros. Polo que UGT presentou o escrito solicitando a revisión de oficio dos certificados de experiencia profesional aportados o pasado 10 de outubro.


Actualmente, cónstannos erros a maiores na valoración de méritos na fase de concurso nas categorías de medicina e enfermería.


Nas distintas mesas e reunións de negociación que se celebraron, UGT reivindicou a revisión dos baremos da fase de concurso de todas as categorías da OPE Social e a solución destas incidencias.


Na actualidade as categorías que presentan erros son: terapeuta ocupacional, psicoloxía, fisioterapia, educador social, medicina e enfermería.


Unha das posibles causas destes erros pode ser que algún organismo non incluído no catalogo de servizos sociais, tal é o SERGAS nalgunha das súas Xefaturas Territoriais, marcou a cruz de servizos no catalogo de servizos sociais.


Por todo o exposto UGT volveu a presentar escrito con data de 17 de outubro solicitando a revisión de oficio dos certificados de experiencia profesional aportados polos aspirantes, anulando todo certificado de organismos que non pertencendo ao catalogo de servizos sociais esté marcado como tal ou a súa valoración no apartado correspondente. Evitando asi a xudicialización individual e eternización duns procesos selectivos que deberían desenvolverse coa máxima seguridade e eficacia dunha administración.

 

UGT Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.