Sectores

Reunións de Mesa Xeral e Mesa Sectorial de persoal funcionario (14.02.2025)

O pasado venres tiveron lugar as reunións de Mesa Xeral de Sectorial de persoal funcionario, nas que se trataron as seguintes cuestións:

MESA XERAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS (ORDINARIA).

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DE RPT: INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO.

Consideracións de UGT: RPT TRAMPANTOJO

Tal e como se describe na memoria funcional “a consecuencia da funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia”, o IET pasou a ter 13 novos postos base do grupo A1 e 2 do grupo A2, entre outros; este persoal, con máis de trinta anos de experiencia, que ademais son enxeñeiros, arquitectos, biólogos, xeógrafos, sociólogos, licenciados en dereito… e con experiencia e formación  contrastada en elaboración de cartografía e paisaxe ou a realización de estudos e traballos de investigación sobre o territorio galego, entre outros, a día de hoxe perciben un salario igual que ao de calquera funcionario A1 que acaba de aprobar unha oposición xa que ocupan postos base cun complemento de destino nivel 20. Esta anómala situación provoca unha alta mobilidade laboral deste persoal que busca, a través das comisións de servizos, outros postos mellor remunerados nas distintas consellerías; sen embargo, os seus postos quedan vacantes, xa que como afirma a propia DXEPAP “non son apetecibles para o resto do funcionariado” posto que se “publicáronse os correspondentes anuncios de comisión de servizos para a cobertura dos postos sen ter solicitude algunha ao respecto”.

Diante de esta grave situación, a Dirección Xeral de Emprego preséntanos un “trampantojo” na mesa de negociación: amortizar 6 prazas, entre elas a dun enxeñeiro de montes A1 que ven de solicitar unha excedencia voluntaria por un ano, e a súa vez, crear 3 xefaturas (1 Servizo e 2 Seccións) ás que ningún dos A1 e A2 do IET vai poder ocupar de forma definitiva nun concurso de traslados, xa que actualmente desempeñan postos base nivel 20.

En definitiva, parece inconcibible que a solución á mobilidade do persoal nese organismo autónomo sexa a creación de 3 novas prazas para o resto do persoal da Xunta de Galicia e seguir mantendo a grave problemática laboral que hai no IET. Con todo isto podemos afirmar que o malestar laboral inicial do persoal estase tornando en cabreo, tal e como nolo fan chegar.

Por outra banda, chegamos a esta Mesa Xeral cunha proposta de modificación de 5 prazas de especialistas en cartografía, que previamente no foi debatida na xuntanza anterior, nas que volven a caer na mesmo erro: crear 5 prazas, posto base C1 nivel 14 (lembremos, por exemplo, que na Administración Xeral do Estado o nivel de entrada no C1 é o 16); é importante lembrar que estas prazas están sendo ocupadas por enxeñeiros e moitos deles son os que imparten formación sobre cartografía (ARGIS) na EGAP ao resto do funcionariado da Xunta de Galicia. Todo parece indicar que estamos nun déjà vu desta DXEPAP; é evidente que este persoal cualificado pedirá unha comisión de servizos noutra consellería en canto poda, parece o mais lóxico e chegados a ese caso supoñemos que a Dirección Xeral de Emprego Publico nos volverá a convocar para crear mais xefaturas de servizo ou de sección; ao tempo!.

Dende UGT mantivemos xuntanzas de traballo coa dirección do IET nas que presentamos alternativas e solucións a esta problemática que pasaban pola creación da escala da Paisaxe e desenvolver a escala de Cartografía e deste xeito promover unha modificación da RPT para valorar axeitadamente os complementos de destino e específicos do persoal do IET. Si realmente queren acabar coa “mobilidade” do persoal do IET xa saben o que teñen que facer.

MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS PÚBLICOS (ORDINARIA).

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE ESTRUTURAS.

Sen cambios na documentación dende a negociación en mesa previa (fai 8 meses).

Consideración de UGT:

Entendemos que as funcións da praza que se crea (Subdirección Xeral de Coordinación e Planificación) tal e como se reflicte na memoria funcional que acompaña a modificación desta RPT, así como a definición funcional dos órganos regulados na estrutura, supoñen unha concentración excesiva de responsabilidades nun único posto que entendemos ven dado por dar acomodo á nova realidade competencial impulsada polo decreto de estrutura da Consellería.

Expresamos tamén as nosas dúbidas á apertura de postos á administración local aínda que neste caso, e polas esixencias no desenvolvemento de tarefas asignadas, podería estar xustificado.

ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS:

  • Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
    • Previsión de publicación da RPT e convocatoria da promoción específica (funcionarización do persoal laboral fixo): primeira quincena de marzo.
  • Categorías III-099 e IV-004:
    • Publicación na última semana de febreiro da modificación da Resolución do 15/12/2023, para permitir a opción de que as persoas de estas categorías, que figuran na listaxe definitiva de admitidas e excluídas da Resolución do 25/03/24, podan facer efectiva a súa solicitude. A solicitude farase a través do PR004 establecendo un prazo de 15 días a partir do día seguinte ao da publicación en DOG.
  • Eleccións de destino dos procesos de estabilización:
    • Teñen a previsión de poder informar a próxima semana de como se vai a proceder.
  • Funcionarización do persoal de GAIN: preguntado pola execución deste proceso, responden que as prazas están na ope 2024.
  • Negociación de estatutos no INTECMAR: non lles consta que este levándose a cabo ningunha negociación.
  • Procesos de funcionarización de persoas con prazas en excedencia: están analizando como van a proceder.
  • Previsións de traspaso dos medios humanos e materiais do persoal da Admiración Xeral do Estado, que afecta á transferencia da xestión do litoral:
    • Responde a representante da Consellería de Medio Ambiente que está previsto que no primeiro trimestre deste ano se convoquen as reunións técnicas e no primeiro semestre se publique o real decreto de transferencia, pero que nestes momentos non teñen información da finalización do proceso.
  • Preguntamos de novo pola evolución do publicado no Decreto 12/2024, de persoal investigador que establecía prazos para o seu desenvolvemento e sobre os procesos de estabilización deste persoal, prazos xa sobrepasados.
    • Responden dicindo que hai unha comisión que está traballando recollendo a información de todas as consellerías con competencia investigadora e que cando remate os seus traballos, teremos información.
    • Sobre a estabilización do persoal din que se realizará posteriormente, entendendo que si por motivos xustificados non se puido convocar antes, non ven imposibilidade de poder convocar a través dunha próxima OPE.