Sectores

Reunión sobre Real Decreto que regula a avaliación e promoción.

 

UGT Servizos Públicos vén de reunirse co Conselleiro de educación e os distintos sindicatos de ensino público e privado para tratar sobre a aplicación do Real Decreto 984/2021, do 16 de novembro, polo que se regulan a avaliación e a promoción na Educación Primaria, así como a avaliación, a promoción e a titulación na Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional.

A postura de UGT Servizos Públicos en canto ó Real Decreto resúmese en tres puntos:

  • Defendemos que a promoción do alumnado sexa unha decisión colexiada e non a avaliación individualizada de cada profesor. Non se trata só da valoración de contidos das materias únicamente senón tamén da avaliación de competencias clave de forma global. Vemos esta medida como unha aposta pola calidade profesional do profesorado. 
  • Cremos que todos e todas temos un mesmo obxectivo: a redución do fracaso escolar. Reducir ese 30% de repeticións na ESO implica unha solución que non se centra tanto no número de materias suspensas para promocionar ou non senón na máxima atención individualizada do alumnado. Polo tanto, apostamos por unha baixada de ratios acompañada dunha dotación de recursos en profesorado que atenda as necesidades dos nenos e nenas. Tamén insitimos nunha disminución do horario lectivo e da carga burocrática que favorecería a igualdade e equidade do alumnado.
  • Como se puido comprobar no tempo da pandemia, os desdobres e o aumento de profesorado traduciuse nun aumento do número de aprobados e da calidade do ensino. Así mesmo instamos á Consellería que defina unha baixada de ratio, sabemos que nada lle obliga a manter ese máximo de ratio a 25 ou 30 alumnos e alumnas. Esta medida, xunto coa aportación de recursos necesarios, sería realmente a clave que permitiría non deixar a ninguén atrás e reducir o fracaso escolar.

En breve, a Orde que desenvolverá este Real Decreto pasará pola nosa Mesa Sectorial. Neste senso o conselleiro adiantou que se intentará minimizar o impacto do cambio aportando un marco de seguridade xurídica para o profesorado no momento de tomar decisións sobre a promoción do alumnado.

O Conselleiro tamén se comprometeu a dictar instrucións para evitar posibles conflictos ou presións. Ademais contarase con criterios obxectivos que aseguren a igualdade na avaliación do alumado dos diferentes grupos e centros.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.