Sectores

Reunión sobre prazas que se ofertarán na elección de destino das categorías: auxiliar de enfermaría e camareiro/a-limpador/a


A Subdirección Xeral de Selección e Provisión de postos expuxo os criterios aplicados para a oferta de prazas nas citadas categorías:

 1) Prazas vacantes puras libres dispoñibles.

2) Prazas dispoñibles de aprobados en promoción interna, sempre que sexa posible.

3) Prazas dispoñibles de aprobados en promoción libre, sempre que sexa posible.

4) Prazas ocupadas por temporais de menos de tres anos.

5) Prazas ocupadas por temporais de menos de seis anos.

 Así mesmo, indicou que se tiveran en conta os seguintes criterios xerais:

  • A situación das prazas a maio de 2020 (data de fin de inclusión de prazas no buzón).
  • As prazas a amortizar responden aos certificados emitidos por cada consellería a este respecto.
  • A situación do persoal temporal que ocupa as prazas, tendo en conta que só se computa a ruptura do vínculo laboral coa Administración no caso de interrupcións de contrato de más de seis meses.
  • Non se incorporan as prazas ocupadas de menos de 3 e/ou 6 anos ocupadas por indefinidos non fixos, adscricións provisionais por motivos de saúde e outras situacións persoais, ou superior categoría.
  • Non se incorporan as prazas de fin de semana/festivos polos prexuícios que se poden xerar, tendo en conta a difícil ocupación das mesmas.

Finalmente, comentan que os , que axilizarán o máximo posible as tomas de posesión, abren prazo de alegacións ata o 18/02/2021 para que as OOSS aporten a consulta concreta das prazas que entendan que non cumpran ou cumprindo non figuran nos buzóns de postos a ofertar

FeSP-UGT, ante esta situación e despois de presentar alegacións concretas as prazas ofertadas inicialmente, SOLICITA:

  • Que se oferten todas as vacantes dispoñibles, sen incluír as prazas de fin de semana/festivos.
  • Que se aporte unha aclaración ao respecto do nº de prazas ofertadas na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña), xa que son exportables 167 das 205 que figuran no buzón, e segundo a información remitida pola subdirección xeral ofertaranse 162.
  • Que se aporte unha aclaración concreta ao respecto das prazas non incluídas ou incluídas que non cumpran os criterios indicados con anterioridade, para o que remitimos unha relación das que entendemos están nas situacións indicadas.
  • Que a toma de posesión sexa provisional, para a continuación realizar o antes posible a toma de posesión definitiva.
  • Que se valore a posibilidade de que as persoas aprobadas que xa están ocupando postos provisionalmente non ofertados poidan continuar nos mesmos ata a toma de posesión definitiva.
  • Que sexa posible, ante a escaseza de prazas en moitos ámbitos, a solicitude de excedencia por incompatibilidade, quedando nos seus postos de orixe, para evitar desprazamentos diarios de máis de 200 kms.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.