Sectores

Reunión RPT Sanidade (FISP) e Acordo condicións de traballo

As persoas representantes da Consellería expoñen:

ACORDO PRESTACIÓN DE SERVIZOS

Que a negociación do Acordo de condicións de traballo o dan por rematado coa última versión remitida, na que segundo explican realizan as modificacións que se aceptan, logo da anterior reunión, consistentes en:

  • Modificación da denominación engadindo “clase de farmacéuticos/as inspectores/as” no apartado C do preámbulo.
  • Apartado Segundo, na revisión do complemento de destino, en lugar de citar a reclasificación dos postos de coordinador, pasa a citar a “creación” dos mesmos.
  • Apartado Quinto, compensacións polo réxime especial de prestación de servizos que excedan á xornada ordinaria: sepáranse as contías correspondentes ao complemento específico diferencial do complemento específico correspondente ao nivel do posto, para as dúas tipoloxías de posto (Farmacéutico/a Inspector/a, e Coordinardores/as de Programas de Saúde Ambiental).
  • Apartado Décimo: modificación da redacción no sentido de que a mellora na táboa salarial e nas condicións laborais no ámbito da inspección de Saúde Pública, persoal veterinario e farmacéutico aplicarase de xeito equivalente e recíproco a ambos.

CONSIDERACIÓN DE UGT

Requirimos da Consellería que, aínda que se expón o documento como última versión, procedan á súa revisión en dúas cuestións:

  • Tal e como indicábamos nas nosas primeiras alegacións, a necesidade de compensación con tempo de descanso, do posible exceso de xornada que se vai a producir coa aplicación das gardas localizadas.
  • Que as carteleiras de traballo sexan obxecto de revisión, análise e alegación como competencia da comisión de seguimento do acordo.

MODIFICACIÓN DA RPT DERIVADA DO ACORDO

A representación da Consellería explica ao respecto das amortizacións propostas, que:

  • Os 18 postos de farmacéuticos/as titulares carecían de código na RPT, non así de orzamento. Que xa non queda ningunha persoa ocupante deses postos, motivo polo que se decide empregar o crédito orzamentario na presente modificación.
  • Os 7 postos vacantes e desocupados xa foron retirados do anterior concurso de traslados.
  • Os 2 postos (2 sección e 1 posto de responsable de área) tamén confirman que están vacantes e dotados orzamentariamente.

A financiación da reclasificación de niveis prodúcese con cargo a estas amortizacións, acadando un remanente de 868.166,31€.

CONSIDERACIÓNS DE UGT

  • Tíñamos a dúbida de que dentro dos documentos tipo aportados, sobre a modificación, non se indicaban no anexo de amortizacións, os códigos nin dos 18 nin os 7, que a Consellería explica ao inicio. Damos por válida a resposta, pero resaltamos que semella incongruente co que reflicte o Acordo no apartado Cuarto cando fai referencia a que en caso se necesidade a zona pode mudar ao ámbito provincial “debido á carencia ou escaseza de efectivos”.
  • Nas alegacións presentadas e nas reunións mantidas UGT manifestou que existen dentro das 13 zonas de inspección unha infradotación de persoal, cuestión que podería arranxar a non amortización de todos os postos que prevé a modificación de RPT e atender á creación de postos en zonas con un número de efectivos escaso.
  • Ao respecto dos anexos indicamos algunhas cuestións que entendemos deben ser modificadas por tratarse de erros:
  • No Modelo C, PROPOSTA: SA-M-012023 o código CS.A99.20.003.15770.011, no Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública (zona: Santiago de Compostela) aparece cun custo anual de 60.452,21, fronte aos 80 restantes con custo anual de 53.307,78.
  • Na memoria funcional, no punto 3 Amortizacións de 7 postos de farmacéuticos inspectores de saúde pública, contén un erro nos postos da zona de Noia e Ferrol, nos que consta o mesmo código: CSA992000315560015.
  • Instamos á Consellería a que se realice coa máxima axilidade a modificación para a entrada en vigor das modificacións previstas e a posibilidade de implementar o acordo o máis axiña posible.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.