A Secretaria xeral técnica presenta unha proposta de RPT que adapta os postos de traballo a situación actual da estructura orgánica, e que acompaña dun borrador de Acordo das condicións laborais dos postos de traballo de Xestor/a de emprego e de Técnico/a de Orientación e Prospección Laboral das Oficinas de Emprego de Galicia. A documentación que se acompaña e é a seguinte:
- Memoria funcional
- Relación de postos de traballo a modificar para adaptar a nova estructura orgánica
- Relación de postos de traballo a crear, xestor/a emprego a ocupar por C2, C1 ,A2. (As funcións se detallan na memoria funcional)
- Relación de postos de traballo a amortizar de C2, C1, A2
- Situación de cobertura da relación postos a amortizar
- Equivalencias
Segundo refire a Consellería a cuestión está tratada coa Dirección Xeral de Orzamentos e Financimento Autonómico e coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. Certamente levamos meses traballando nesta nova RPT na que se reflicten logo demoitos anos demandando a súa modificación, un aspecto sistemática e permanente reivindicado pola UGT: a revisión do modelo de Oficinas de Emprego acompañado do incremento nos niveis dos postos de Técnico/a de Orientación e Prospección laboral(aposta e defensa deste sindicato na creación desta escala)
Dende o punto de vista orzamentario é importante ter garantido a súa viabilidade, xa que estas modificacións de postos supoñen económicamente 289.614,17 euros e 717.575,83 para transformar o modelo de Oficinas de emprego.
O balance de postos a amortizar é de 202 por encima dos postos que se crean 170, dos que 105 son Xestor/a de emprego, a diferenza se atribue a valorización dos postos:
- Homoxenización de niveis Director/a das 53 oficinas de emprego: nas oficinas C e D pasan a nivel 25 (importante cambio) e nas A e B nivel 26, resolvendo o diferencial da RPT actual.
- Reclasificación dos 130 postos de Técnico/a de Orientación e Prospección laboral pasan de nivel 18 a nivel 20
- Subalternos de oficinas de emprego A e B pasan a nivel 12
- 105 Xestores/as de emprego, postos a crear con nivel 20, abertos a C2, C1, A2
De chegar a Acordo coa Consellería, o mesmo e a RPT se elevaría a Función Pública para pasar por Mesa e Comisión de Persoal. O Acordo contempla as condicións laborais das Oficinas de emprego descritas, e establece as fases de remodelación das Oficinas a primeira inicial é a descrita, na segunda fase se transformarían as vacantes logo da finalización do concurso de traslados e das tomas de posesión dos procesos selectivos, terceira fase todas vacantes que se vaian producindo.
UGT entendemos que se debe revisar e garantir efectivamente a situación das prazas a amortizar (alguha entendemos que non) e garantir anualmente transformación de postos na terceira fase