Sectores

REUNIÓN NEGOCIACIÓN CONVENIO SAF GALICIA


No día de hoxe, 29 de novembro de 2022, CCOO e UGT reunese en sede do CGRL (Consello Galego de
Relacións Laborais) para trasladar o resultado das Consultas da Proposta de acordo da Patronal alcanzada
na última xuntanza na mesa negociadora do Consello Galego de Relacións Laborais do pasado día 20 de
outubro.
Así pois, CCOO e UGT toman a palabra e informan da consulta dos traballadores/as a última proposta da
mesa negociadora e valoran que non se reunen os condicionantes necesarios para chegar a un acordo para
un Novo Convenio dado os movementos dalgunhas administracións locais (A CORUÑA, NARÓN, PADRÓN) que
durante este periodo de consultas, publicaron licitacións que levaban tempo sin sair, no caso de Padrón
nunca licitara.
Por parte da Patronal, da por rematada a sen acordo a negociación dun novo Convenio Galego de Axuda no
Fogar. Citando textualmente que “certifican a morte” dun posible convenio colectivo, e seguir con un
Convenio en ultraactividade unha década mais.
Así pois, dende CCOO e UGT, e ante a imposibilidade de chegar a un acordo por decisión do Sector,
trasladamos a necesidade de que interpoñades as conseguintes demandas individuais naquelas empresas
que non aboaran o 6,5 o completo.
Por outra banda dada a conflictividade anunciada pola parte Empresarial, dende CCOO e UGT
emprenderemos unha campaña de reclamacións para frear os descolgues salariais comunicados xa en
algúns SADs e o traballo en unidade sindical tamén nas posibles reclamacións dos ERES e ERTES
presentados.
Queremos agredecer a todas as delegadas que participaron na negociación o longo de estos meses, porque
están sufrindo ataques FASCISTAS, de persoas que non entenden que pensar diferente non pode ser motivo
de ataques. CCOO e UGT NUNCA VAMOS A POÑERNOS DE PERFIL ANTE O FASCISMO.

SEGUIREMOS INFORMANDO, E ARMANDONOS PARA A CONFLICTIVIDADE QUE SE VAI DESATAR EN CADA UN
DOS SAF DE GALICIA

20221129_NOTA INFORMATIVA REUNIÓN SAF.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.