Sectores

Reunión informativa sobre concursos escalas de corpos especiais

O pasado 6 de agosto a DXEPAP, logo de informar que recibiron notificación de 8 suspensións cautelares afectando a prazas ofertadas a elección de destino e 1 extensión de sentenza que non afecta a praza ofertada a elección de destino do concurso, procedían a adiar a toma de posesión en agosto e estudiaran en setembro posibles solucións incluida a modificación urxente da RPT, reiterando entón que había tantos postos como persoas, e que o problema eran os diferentes subgrupos e escalas e isto segundo orde de prelación podería dar lugar a que as persoas que elixan o final non lle quedasen prazas do seu subgrupo ou escala.

UGT insistíamos en que non se podía buscar solución solo de número de postos xa que hai diferenzas cualitativas importantes, os postos non son iguales en ubicación nin en outras características.

Hoxe DXEPAP informa que nas próximas semanas se producirá a toma de posesión, logo de tramitar unha RPT para crear 8 prazas, número equivalente o de prazas afectadas polas medidas cautelares: As prazas que se crearán serán iguais as afectadas polas medidas cautelares. E continua coa explicación dos prazos de tomas de posesión.

UGT, valoramos que se atenderá a nosa postura de que as posibles solución pasaban por ofertar 8 postos iguais os afectados polas medidas cautelares de suspensión, no obstante solicitamos:

Aclaración das garantías das tomas de posesión definitiva

A resposta foi que na resolución de toma de posesión se habilititará dita toma de posesión definitiva sobre as prazas creadas para estes 8 supostos.

Se remita antes de publicación como se vai a habilitar para poder valorar as garantías do sistema que se arbitra a toma de posesión definitiva na resolución de toma de posesión.

Datos sobre persoal en situación de destino provisional de OPE ordinaria

Datos sobre extensión de sentenza

Reunión para valorar os datos referidos e anticipar as solucións de ser o caso.

Axilizar todos os concursos e OPE anteriores e lei 20/2021, e normalizar canto antes os procesos de mobilidade, promoción interna e acceso o emprego público.

Quedamos a espera da documentación e convocatoria de reunión que constate a folla de ruta da que se nos informa para as próximas semanas e dos termos nos que se concreta a información que se nos deu.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.