Os temas tratados onte día 14, foron os seguintes (a reunión continúa hoxe, venres 15 ás 12:00hs):
PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL:
Trátase do desenvolvemento da previsión da OPE 2022, a través do que as 75 persoas afectadas dos procesos de consolidación de persoal laboral, realizaron as probas no último ano, de forma paralela a procesos de persoal funcionario, con idéntico temario, en moitos casos, son as seguintes prazas:
SUBGRUPO | ESCALA | PRAZAS |
A1 | CORPO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA | 11 |
CORPO FACULTATIVO SUPERIOR, ESCALA DE VETERINARIOS | 22 | |
CORPO FACULTATIVO SUPERIOR, ESCALA DE FACULTATIVOS, ESPECIALIDADE PSICOLOXÍA | 8 | |
CORPO FACULTATIVO SUPERIOR, ESCALA DE FACULTATIVOS, ESPECIALIDADE MEDICINA | 1 | |
A2 | CORPO FACULTATIVO DE GRAO MEDIO, ESCALA DE TÉCNICOS FACULTATIVOS, ESPECIALIDADE TRABALLO SOCIAL | 6 |
CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA | 16 | |
CORPO FACULTATIVO DE GRAO MEDIO, ESCALA DE TÉCNICOS FACULTATIVOS, ESPECIALIDADE TERAPIA OCUPACIONAL | 2 | |
C1 | CORPO ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA | 6 |
AP | AGRUPACIÓN PROFESIONAL DO PERSOAL FUNCIONARIO SUBALTERNO | 3 |
TOTAL PRAZAS | 75 |
Revisadas as alegacións das OOSS, informan que se acepta:
- O apto/non apto, como resultado do exame, tendo en conta que se transforman ou reconverten as prazas ocupadas como laboral en funcionariais, non ten sentido establecer puntuación. Corresponderalle aos tribunais a indicación do número de preguntas para determinar o apto.
- Hoxe remitirán un anexo coas prazas.
- Para o desenvolvemento do exame, a referencia será a batería de preguntas acordada para os procesos de funcionarización.
- Permitirase, na realización da proba, o uso de textos normativos con subliñados simples, igual que nos procesos de funcionarización.
- Remitirán hoxe a convocatoria cos cambios aceptados.
- Están traballando nunha nova convocatoria de funcionarización, á que poderán acceder aquelas persoas que non o fixeron na primeira convocatoria (repesca) que incluirá algún proceso novo, incluíndo a prazas de persoal laboral fixo con acceso á administración, posterior á entrada en vigor do EBEP.
- Intentarán remitir un cronograma que contemple a maior celeridade posible na realización das probas.
- Indican que as persoas se funcionarizan na condición de vínculo que teñen no momento do proceso, tal e como se indica no Acordo de concertación e no Decreto 165.
EXPEDIENTE ELECTRÓNICO:
- Remitirán, para alegacións, hoxe un borrador de Orde que rexera os procedementos dos concursos. Están traballando en FIDES, coa previsión de telo completado antes de finais deste ano. Estará aberto á cidadanía en xeral, en tanto que será o instrumento dos procedementos selectivos e de provisión (listas), tanto da administración xeral como dos entes instrumentais da 45.a) da LOFAXGA. Remitirán este documento dando prazo para alegacións de 15 días.
- O expediente conterá todos os datos que na actualidade ten o PORTAX.
- Establece o procedemento de presentación de documentación, dando prioridade neste momento, ao procesos selectivos en marcha.
- Traballarase nun manual para o usuario e realizaranse accións formativas da aplicación para o persoal das habilitacións.
- Carreira profesional: teñen previsto este mes a publicación dunha nova listaxe das persoas que acreditaron a documentación requirida.
- Nas próximas semanas publicaranse:
- As notas das probas de Galego dos procesos da Lei 20 e a autobaremación realizada. A este último respecto incide en que a autobaremación é algo que fai o propio opositor, que se solicitarán a acreditación dos méritos e que nunha comprobación aleatoria detectaron erros, como o de algunhas persoas que se matriculan en 3 escalas e nas 3 teñen a mesma puntuación, cousa que resulta imposible. Cifra en 1.700 persoas as que se matricularon en varias escalas no procedemento selectivo por concurso. Farase unha baremación provisional con 10 días para alegacións e logo sairá a puntuación definitiva. Informa que teñen prevista unha reunión con AMTEGA e as OOSS para informar dos procesos e o seu desenvolvemento.
EXCENTES E FUNCIONARIZACIÓN:
Estase traballando na convocatoria que recolle todos os supostos, darase un prazo amplo para que as persoas podan manifestar a súa intención de funcionarizarse e que poda constar a praza na OPE 2023.
MESAS DE NEGOCIACIÓN PREVISTAS PARA OS PRÓXIMOS DÍAS:
- Hoxe remitirán convocatoria de Mesa Xeral, para o vindeiro martes, con promoción interna horizontal. RPT da Vicepreseidencia 1ª, RPT de Política Social e Xuventude e a modificación do Decreto de indemnizacións coa adaptación da contía do quilómetro, de 0,19 a 0,26, de conformidade co regulado na Orden HFP/793/2023, de 12 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
- Podería haber convocatoria de Comisión de Persoal para o martes, á que irían os mesmos asuntos menos a RPT de Política Social e Xuventude.
- Están traballando na próxima RPT de Política Social que levará a creación de prazas e suba de niveis, (tal e como se pactou nos acordos asinados por UGT e CCOO).
- Adaptación da Lei de impulso demográfico: están valorando retirar a bolsa de horas, deixándoa para unha negociación posterior. UGT propuxo que volva a pasar por Mesa Xeral, antes da Comisión, posto que consideramos que existen puntos que non están pechados.
- Están pendentes de rematar a negociación da segunda actividade de Axentes así como a convocatoria da OPE desta escala, xuntamente con 14 convocatorias da OPE de 2020, previstas para o mes de outubro próximo e a promoción interna do ano 20 que se acumulará coa do 21.
- Están traballando nas RPTs de funcionarización que faltan, coa pretensión de pechar este ano toda a funcionarización prevista.
- Solicitan opinión das OOSS ao respecto do persoal laboral fixo que solicita reingreso desde unha excedencia e se atopan de que non hai postos laborais, pero si de persoal funcionario equivalentes, a solución proposta é conceder o reingreso a posto equivalente de persoal funcionario e logo dar opción á funcionarización das persoas. Todas as OOSS manifestámonos de acordo.
Quedou suspendida a reunión ata hoxe ás 12:00hs, na que se tratará o borrador do concurso de administración especial.