Sectores

Reunión entre Sindicatos e Función Pública

SUBA DO 0,5% NA NÓMINA DO MES DE NOVEMBRO:

Informan que a suba do 0,5% con atrasos dende xaneiro, consecuencia do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI   asinado por UGT verase reflectida na nómina do mes de novembro, logo de pasar a semana que ven por Mesa Xeral e Comisión de Persoal.

Acordo Marco para unha Administración do Século XXI asinado por UGT recolle para todos e todas as empregadas e empregados públicos de todas as administracións e organismos públicos, no ano 2023 tres subidas salariais: unha subida fixa do 2,5% xa aplicada, máis dúas subidas variables do 0,5% cada unha.

A primeira se aplica xa que se cumpre a condición de que o IPC harmonizado de 2022 e 2023 supera o 6%, ten carácter retroactivo e consolidable. A segunda cobrarase a principios de 2024 se o PIB en 2023 alcanza o 2,1%.

Son sen dúbida boas noticias contar cunhas subidas salariais “aseguradas” grazas á responsabilidade que  UGT Servizos Públicos demostrou avalando coa súa sinatura este Acordo, cumprindo coa defensa da recuperación de salarios, dereitos e emprego, con medidas concretas que como esta permiten incrementar os salarios e amortecer as perdas de poder adquisitivo cando máis se necesita.

ACTUALIZACIÓN DO DECRETO DE INDEMNIZACIÓNS:

En aplicación do Acordo Marco estatal publicouse a Orde HFP/793/2023, de 12 de xullo que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular, 0,26 euros por KM, establecida no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio, informan que se está traballando na adecuación de outros conceptos do Decreto de indemnizacións (manutención e aloxamento).

UGT SP reiteramos a necesidade de incidir na homoxenización entre grupos.

POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE:

Informan que en breve traerán á negociación unha RPT con creación de prazas, ligadas a os EVOs e servicio de recoñecemento de discapacidades. Incluirase a creación de prazas de Traballo Social co fin de ofertar ditos códigos á elección de destino que está pendente.

A Xunta reitera o que comprometeu na negociación a finais de 2023.a todos os sindicatos: en novembro pagará os atrasos do Acordo de condicións de traballo do persoal de centros de Política Social para o mes de novembro, así como a creación de postos noutra RPT

A semana que ven convocarán á comisión técnica de carteleiras.

Preguntado sobre as xornadas que están a realizar o persoal de dirección dos centros, e a posibilidade de que exista unha edición para outro persoal, a resposta foi que en xaneiro teñen a previsión dunha nova edición aberta.

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR:

Informa que de o antes posible, “de inmediato”, estarase a negociar a RPT, xa está en Función Pública e que se procederá antes do envío ás OOSS á súa actualización (a que alegamos era do 2021), nesa actualización contemplarase os postos novos creados dende entón, a actualización dos niveis parellos aos das mesmas especialidades nos centros de Política Social, e formularase as cuestións que quedaron sen debater: itinerancias, as direccións dos centros, as coordinacións e as medias xornadas.

Preguntado pola integración do persoal laboral fixo, a resposta é que vanse a enviar requirimentos a partir da semana que ven, ás persoas que non teñen o seu expediente completo, a fin de poder convocar á comisión de integración.

UGT á vista “bo facer” ao que nos teñen acostumados o Consorcio, suxerimos que se valorase a posibilidade de que os requirimentos os faga a Dirección Xeral da Función Pública.

CONCURSOS DE TRASLADOS:

Informa que serán convocados nesta orde:

  1. Bombeiros/as Forestais.
  2. Política Social e Xuventude, incluíndo o Consorcio.
  3. Administración Especial (tradicional)

A orde prevista de execución coordinando as tomas de posesión é a seguinte:

  1. Concurso de traslados PREVIO con todas as vacantes e resultas.
  2. Toma en provisional das persoas pendentes de finalización de procesos selectivos.
  3. Toma de posesión en definitivo dos procesos que están en provisional.

No posible intentarán dentro das posibilidades de execución segundo as escalas, a toma de posesión en definitivo dos procesos derivados da Lei 20/2021, entre os que en primeiro lugar elixiran as persoas dos procesos de concurso e a continuación os de concurso-oposición.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.