Sectores

Reunión do Consello Reitor da EGAP

Reunión do Consello Reitor da EGAP sobre Informes de actividades de formación 2024, previsións de actividades 2025 e execución orzamentaria

A Directora da lectura dos Informes remitidos sobre os puntos da orde do día como é habitual, engadindo esta vez o número de páxina aínda que os Informes non viñan paxinados, e finalmente se abrirá unha quenda de intervencións sobre toda a súa intervención dos puntos da orde do día.

UGT reiteramos que estas reunións no deberían ter caracter descriptivo sobre os datos xa escritos nos Informe remitidos e debería facerse outro tipo de análise, xa que efectivamente como informa a Directora a formación non presencial representa o 86%, valor similar a 2023, e o mesmo sucede coa valoración global da formación, que mantén unha puntuación similar ao ano anterior, na que as mulleres realizan actividades formativas nunha porcentaxe superior a súa presenza no emprego público, pero queremos que se nos aclare ou atenda o seguinte:

  • En termos comparativos o cadro 2.4 de resumo xeral de 2024 reflicta unha diminución de 902 a 735 edicións e de 46.518 a 43.332 prazas con respecto a idéntico cadro de 2023. Cal é o motivo?.
  • Tamén nos gustaría coñecer a causa de que nos cadros 2.4 de 2023 e 2024 baixen tanto as edicións de autonómica e autoformación, esta última sube a ratio solicitude por praza máis de 2 puntos.
  • E baixan tamén en formación en igualdade de 49 edicións en 2023 a 39 en 2024, o que supuxo un incremento de ratio por praza de más dun punto (6,63 solicitudes por praza). A que se debe????
  • As ratios maiores de solicitudes/praza, superando amplamente ao resto de actividades con cifras superiores ao 6%, son linguaxe administrativa e igualdade e violencia de xénero, polo que se debería aumentar a oferta á vista de todas as solicitudes sen praza.
  • Estaba programada unha Xornada sobre violencia de xénero que non se fixo, non se explica a causa no Informe.
  • As enquisas de satisfación chegan o valor máximo en actividades monográficas. Hai moitos colectivos que carecen de formación específica, cando se observa que é a que obten a maior valoración.
  • Hai 2 cursos que se repiten todos os anos denominados cursos selectivos, que non se informan cales, cantas solicitudes, cantas prazas…non se remite información.
  • Soamente aparecen dúas Consellerias conveniadas e a formación derivada do Convenio, non hai máis Convenios con formación no informe 2024?????.
  • Valoramos que se dé continuidade á aplicación do Plan de Igualdade coa programción de curso de nivel medio en 2025, no obstante a formación prevista en igualdade con 43 edicións sube con respecto a 2024 pero queda por debaixo de 2023 con 49 edicións.
  • Valoramos que se atenderá á inclusión de contidos dende a perpectiva de xénero en PRRLL, pero a limitación destas edicións terá un efecto moi limitado.
  • O cadro 4.1 refire que aumentan en 8 as edicións de linguaxe administrativo, foron 30 en 2023, 32 en 2023, son entón 40 en 2024, eluden poñer o número total no Informe, cal é a causa?.
  • Vemos que no cadro 4.1 desglosado, suben as edicións de autonómica de 195 edicións convocadas en 2024 a 309 previstas en 2025, o mesmo ocurre con ComDix que pasa de 16 convocadas en 2024 a 54 previstas en 2025, serán convocadas???.
  • Tendo en conta que a Directora xustifica a data da reunión e a remisión tardía do Informe en que así presenta unha execución maior dos orzamentos, manifestamos que aínda así a execución no Informe ronda o 80%, canto pode variar si envía convocatoria e Informe con algo máis de tempo?, non podería informar do peche final nas xuntanzas de xullo e facer decembro con máis antelación????

Non hai resposta da Directora ás preguntas concretas, agás emprazar á Secretaria a que informa do aprazamanto da Xornada de violencia motivada polas múltiples programacións de Igualdade que aconsellaron adiar a 2025.

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, que preside e asiste regularmente ás reunións do Consello Reitor da EGAP, manifesta que se valorará  cambiar a dinámica das reunións, recordar que a oferta de formación se sustancia de abaixo a arriba coas aportacións das Consellerías e do sindicatos e se concretan atendendo ao límite orzamentario do que se dispón pois non é ilimitado, ampliarase formación conveniada a todas as Consellerias, e destaca que IEP se financia pola Conselleria de Facenda e incide na formación sobre avaliación das políticas públicas. 

UGT SP queremos recoñecer o traballo do persoal da EGAP e volver a reiterar que debe mudar o enfoque de traballo deste Consello, e que a actividade da EGAP debe contemplar a formación específica do persoal empregado público e a formación para a promoción interna, carreira e acceso.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.