PROPOSTA DE RESOLUCIÓNS DE CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO
OPOSICIÓN E PROMOCIÓN INTERNA
- Subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar
- Subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios.
OPOSICIÓN
- Subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción.
UGT leva tempo solicitando se cambie, con carácter xeral, o sistema de proceso selectivo por oposición polo de concurso oposición, non pode ser que a experiencia por servizos prestados non conte para o acceso o Emprego público, e tampoco que se limite a promoción interna polo que demandamos negociar un novo modelo de promoción interna que faga posible exercer ese dereito de forma efectiva.
Dende o remate do Acordo de estabilidade asinado por UGT, anterior as convocatorias de procesos coa Lei 20/2021, a Administración presenta sucesivas propostas de Resolucións de convocatorias, voltando a oposición pura e dura e limitando ao 25% a promoción interna.
CRONOLOXÍA PUBLICACIÓNS DOG MES DE XULLO
A DXEPAP informa das previsións de publicación en DOG no mes de xullo
- Información concursos de traslados
Nº concurso | Concurso traslados | Publicación DOG |
F0124 | Escalas do Servizo de Gardacostas | Adxudicación postos 14/07/2025 |
F0324 | Escala Enxeñarías- Ciencias – Arquitecturas (*) | Adxudicación postos 11/07/2025 |
F0125 | Profesores/as e mestres/as Institutos marítimo-pesqueiros | Baremo PROV 14/07/2025 |
F0325 | Escala Persoal Veterinario | Convocatoria 09/07/2025 |
F0425 | Escalas Laboratorio, mantemento, limpeza, cociña, recursos naturais | Convocatoria 16/07/2025 |
F0525 | Escalas Persoal Facultativo | Convocatoria Segunda quincena xullo |
(*) Concurso enxeñerías, ciencias, arquitecturas F0324
Publicación progresiva das resolucións de elección de destino, comenzando por A1 enxeñaría Montes e, posteriormente A2 enxeñaría Forestal e as restantes escalas do concurso.
Unha única resolución na que se indicará a data de cese e prazos para a toma de posesión.
- Validación de méritos relativos a persoas inscritas en concursos convocados ou pendentes de convocar
Unha vez rematado o prazo de inscrición dos concursos, antes da apertura do prazo de acreditación de méritos e selección de postos, validaranse os méritos acreditados das persoas inscritas que están pendentes de validación.
- Procesos selectivos persoal SPDCIF
Modificación da data de realización do primeiro exercicio dos procesos selectivos de persoal laboral SPDCIF, este exercicio realizarase o 28/02/2026. Esta modificación do calendario de procesos selectivos informouse no consello da Xunta do 07/07/2025.
Grupo/ Categoría | Denominación | Convocatoria DOG | Prazas convocadas | Data 1º exercicio |
III. 100 | Bombeiro/a forestal. Xefe/a de brigada | Última semana agosto | 71 | 28/02/2026 |
V. 14 | Bombeiro/a forestal | Última semana agosto | 181 | 28/02/2026 |
V. 14 A | Bombeiro/a forestal. Condutor/a | Última semana agosto | 75 | 28/02/2026 |
- Procesos selectivos das escalas técnica e auxiliar de cociña e da escala auxiilar de coidadores cuxa convocatoria publicouse no DOG do 30/06/2025.
No DOG do 14/07/2025 publicarase unha modificación da convocatoria dos procesos selectivos das escalas técnica e auxiliar de cociña e da escala auxiilar de coidadores para incluír no apartado II.1.1.1 Primeiro exercicio o parágrafo que se indica a continuación:
Proceso selectivo subgrupo C1 escala técnica cociña
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta e cinco (65) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.
- Procesos selectivos subgrupo C2 escala auxiliar de cociña e escala auxiliar de coidadores
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta (60) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.
VARIOS
Se solicita a DXEPAP que se resolva o incidente coas vacacións do persoal técnico de incendios en Ourense que subsume os días de saída de garda, e se unifiquen os criterios para evitar se repita esta situación, e se insiste en que non se reúne a Comisión de seguimento do Acordo solicitada dende hai un ano.