Sectores

Reunión da Comité Intercentros  17.06.2025

Na reunión do Comité intercentros se trataron diferentes asuntos dos que destacamos os seguinte:

LISTAS DE CONTRATACIÓN

Dado que para os chamamentos de determinadas listas de contratación; xerocultores, auxiliar cociña e PSX non se exise a titulación correspondente á categoría, acordouse enviar escrito a Función Pública, solicitando a exisencia de requerir a titulación correspondente acorde ó convenio colectivo ou a titulación equivalente.

Acordase solicitar a Función Pública e a listas de contratación, que se actualicen e publiciten as listas paralelas existentes de ditas categorías ou, de ser o caso, que se creen.

UGT solicita a posibilidade de chamamentos por ámbitos máis reducidos (comarcais e non provinciais) daquelas categorías de difícil cobertura ou de maior problemática tal como enfermaría.

ADAPTACIÓNS DE POSTOS DE TRABALLO POR SAÚDE

Acordouse facer escrito a Función Pública solicitando a revisión desta problemática que vai en aumento, sobre todo na Consellería de Política Social, non podendo sobrecargar as persoas traballadoras cun aumento de cargas de traballo, sendo obriga da Conselleria buscar unha solución que se adapte a carga e as adaptacións por saude.

Solicitar á administración que non se teñan en conta cando se computa as prazas para a ratio dos centros non se incluan que as prazas por adaptacións existentes.

INCOMPATIBILIDADE DO PERSOAL INTERPRETE DE LINGUA DE SIGNOS

Se recibiu escrito de petición deste colectivo, solicitando unha normativa específica que lles permita compatibilizar a súa actividade principal cunha segunda actividade, regulación que teñen algún otros colectivos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.