Sectores

Reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Política Social

Onte tivo lugar a reunión da Comisión de seguimento na que expuxemos as seguintes consideracións ao  respecto do documento remitido:

A Directora Xeral de Emprego Público, expuxo brevemente a súas respostas a algunha das alegacións das OOSS:

  • Ao respecto dos solapamentos que alegamos se producen nas secuencias que se formulan, opina que entre quendas hai máis de 12hs polo que entende non se dan solapamentos.
  • Sobre casos concretos en determinados centros de diminución de presenzas, refire que hai redistribución pero non diminución, xa que sempre que houbo redución de presenzas en cómputo global igual ou maior que 3 se crearon postos, 200 e pico total postos creados nas últimas RPTs.
  • Sobre equilibrio en desfrute de fins de semana, considera que o acordo permite chegar ata o 60%.
  • Sobre os apartados engadido ao documento dos mes de abril remitido as organizacións sindicais asinantes presentes na Comisión, expón:
  • Engádense un apartado de definicións sobre necesidade de servizo e intersustitución.
  • Engádense os importes das compensacións das intersustitucións.
SUBGRUPOS // GRUPOSCOMPLEMENTARIAURXENTE
A2 // II118,63138,63
C1 // III96,90113,90
C2 // IV85,5099,50
AP// V75,7988,79

CONSIDERACIÓNS DE UGT:

En primeiro lugar valoramos como “escasa”, sendo xenerosos, a toma en consideración das alegacións aportadas por UGT ao texto proposto e enviado ás OOSS o pasado 2 de abril, proposta que remitiu a administración logo da última reunión da Comisión de seguimento de Política Social que se remonta ao 22 de marzo de 2024.

Polo tanto, esperamos que se abra un novo prazo de alegacións, ao novo texto remitido, e haxa unha maior vontade de chegar a acordos sobre os criterios de desenvolvemento do Acordo.

Incorpóranse, agora, cuestións relativas á intersubstitución e necesidades de servizo que ían a ser tratadas en subcomisión e que carecen, na súa formulación, de aspectos relevantes como son os límites de horas destas prestacións complementarias, as compensacións de ditas prestacións non ordinarias, o alcance da situación imprevista e a puntual, nesta última discrepamos que se inclúan vacacións ou outras ausencias regulamentarias que deben ser obxecto coberturas mediante as listas de contratación.

As C a efectos de cómputo de xornada, computan como 7 horas de prestación efectiva e compútanse como realizadas, así na media de 16 D e F, equivalen a 112 horas, en un ano bisesto súmanse ás 1.456, e cómprese coa xornada anual de 1.568.

Agora ben, hai unha cuestión nuclear para UGT sobre a que vimos insistindo e é que :

  • Primeiro, non todos os anos son bisestos como parece indicar a cláusula primeira e segunda sobre cómputo de xornada, e debería aclararse. Recordar que Acordo establece 1.442 h e non 1.456.
  • Segundo, outra cousa, moi diferente do cómputo, é interpretar na cláusula 5 de colocación das C e as RN , que unha C non é unha compensación dun día adicional de traballo, e utilizar a secuencia TCM e  NCM, o que suporía incumprir o Acordo que garante o descanso entre xornadas de 12 h e engade “días adicionais” de descanso por D e F,
  • Terceiro, a C por D e F no Acordo, está definida e pactada literalmente como “por cada 4 D e/ou F traballados se terá dereito a dous días adicionais de descanso”, polo tanto as C son compensacións de días adicionais coa consideración de inhábil, e non poden solapar o descanso obrigatorio de 12 horas entre xornadas.
  • Na cláusula segunda cando recoñece que as C e as RN son días inhábiles a efectos de vacacións e permisos, debe engadir e de descansos, o esquecemento disto xa vemos por onde vai. 

Tamén discrepamos de que a secuencia das RN da cláusula cuarta sexa 4-2-2-2-2. Primeiro explican que cada N son 3 horas de descanso adicional e polo tanto con 3 noites corresponde poñer 1 RN, e o que parece que pretenden e a súa colocación non debe romper a prestación en quenda de grupos de dous. Mesturase de novo o dereito e a  compensación coa colocación en carteleiras, que non aceptamos.

Na cláusula de vacacións manteñen o mesmo texto da súa proposta do 2 de abril, polo que non estiman ningunha alegación de UGT.

Nas nosas alegacións incluímos un apartado relativo o compromiso adquirido pola administración na reunión da Comisión relativo o novo aplicativo de carteleiras, que homoxeneice a xestión nos centros de traballo, a presentación nas delegación nun novo formato que facilite e resolve a situación sufrida coas carteleiras de 2023, e que permite o seguimento da aplicación do Acordo. Así como o compromiso de presentar o aplicativo as OOSS e realizar 5 xornadas de formación na EGAP sobre carteleiras no ano 2024. Nada sabemos e pedimos explicación, e se nos diga onde figuran estes compromisos. Está apunto de comezar o mes de outubro, e non será culpa das OOSS que se retrase as carteleiras.

ACLARACIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL  ÁS INTERVENCIÓNS DAS OOSS:

Logo de escoitar ás OOSS, a Directora Xeral, comunica que se abre novo prazo de alegacións ata o vindeiro mércores 2 de outubro, sobre o documento que remitirán de novo con algunha modificación que xa asumirá algunha das cuestións expostas polas organizacións, como:

  • Separar en dous documentos, un para os criterios e outro para as definicións.
  • Na definición de número de xornadas para retirar a referencia numérica e quedará literal días/ ano menos festivos menos 22 días de vacacións, para evitar as referencias o ano bisesto xa que figuraba 2024 que son dous días e 14h máis.
  • Daranlle outra redacción ao parágrafo das vacacións.
  • En canto ao persoal de quenda de noite, poñeránselles as C, como ao resto de persoal.

En resposta a UGT ao respecto do programa informático que debera estar xa en funcionamento para a elaboración das carteleiras do ano 2025, a Consellería de Política Social asume que non vai a ser posible que estea xeneralizado, houbo problemas de financiamento, polo que se deduce das palabras dos representantes da Secretaría Xeral, co que o máis probable é que teñamos que volver a contar a man as quendas, vamos que isto da administración dixital queda moi ben nas declaracións institucionais pero á hora de levalo á práctica, non vai, a AMTEGA non fixo os deberes.