
Á reunión asisten xunto a UGT, asinante do acordo da 2ª actividade para o persoal do SPIF, CCOO e SXT da Consellería de Medio Rural.
Preséntanse as solicitudes do persoal que teñen intención de acollerse a 2ª actividade, corresponden a traballadores das categorías de BBFF (3), BBFF condutor(2), BBFF condutor motobomba (2), sendo 3 en Lugo, 3 en A Coruña e 1 en Pontevedra.
Estes traballadores iniciarán a 2ª actividade a partir do 1 de xullo, deixando así as súas prazas en extinción directa. Pasando as prazas a ser ofertadas en adscrición e seguidamente a cobertura por listas tal como contempla o Acordo
| PRAZAS DAS PERSOAS SOLICITANTES DE 2º ACTIVIDADE | |||||||
| DISTRITO | COMARCA | PROV. | GR | CAT | POSTO | MAC | DUR | 
| D II: Bergantiños – Mariña Coruñesa | Bezanzos | A Coruña | V | 14 | Bombeiro/a forestal | MRC995002115090067 | 9 | 
| D.IV : O Barbanza | Barbanza-O Sar | A Coruña | V | 14 | Bombeiro/a forestal | MRC995004215660045 | 12 | 
| D IV: O Barbanza | Noia | A Coruña | V | 14a | Bombeiro/a forestal condutor/a | MRC995004015560047 | 9 | 
| D.VII: Fonsagrada – Os Ancares | A Fonsagrada | Lugo | IV | 33 | Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba | MRC995007227180060 | 9 | 
| DF IX:Lugo – Sarria | Sarria-Samos | Lugo | IV | 33 | Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba | MRC995009227560033 | 12 | 
| D IX: Lugo – Sarria | Sarria-Samos | Lugo | V | 14a | Bombeiro/a forestal condutor/a | MRC995009227560063 | 9 | 
| D.XVI: Deza- Tabeirós | Tabeirós-Terra de Montes | Pontevedra | V | 14 | Bombeiro/a forestal | MRC995016236170066 | 9 | 
A segunda actividade do persoal de BBFF foi apoiada por UGT Servizos Públicos atendendo a unha necesidade evidente de apartar a aquel persoal da atención directa da extinción que pola súa idade, non procede realice as ditas funcións.
Agora toca esixir a cobertura das prazas para que as brigadas non resintan a falta de efectivos que puidera suceder se non se procede a súa cobertura.
Ademais de xudicializar por rutina, como fan algúns, tamén existe a vía negocial para poder conseguir o que parece lóxico e de sentido común.
 
								 
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                      
 
				