CONSIDERACIÓNS INICIAIS
A proposta da administración recolle algunha das alegacións de UGT. Debemos destacar que por fín, desaparece o criterio de carteleira que vulneraba o Acordo, colocación das C solapando o descanso de 12 horas entre xornadas, e se elimina a proposta de carteleira coas secuencias TCM e NCM. Este era “un” dos incumprimentos máis graves que acadamos eliminar.
Si ben é certo que ademáis das melloras económicas o Acordo aportou un incremento de prazas e a conversión en tempo completo de prazas a tempo parcial, avance inicial importante, tamén é certo que UGT xa apuntabamos a revisión das cargas de traballo para seguir reforzando os cadros de persoal. A realidade é que se aplica un criterio de non cobertura, exemplo as adaptacións de postos de traballo, que sobrecargan máis o persoal. Criterio que non é consecuencia do Acordo.
UGT reitera a demanda de maior cobertura para non desvirtuar as melloras acadadas e sinalamos que debería activar a subcomisión para valorar as medidas que eviten a sobrecarga consecuencia da adaptación de postos de traballo segundo a cláusula novena e) do Acordo.
COMPENSACIÓN DOS DÍAS 24 E 31
Nesta materia o Acordo e claro. A proposta de criterios de carteleira da administración non atende a solicitude de UGT de respectar a literalidade do acordado polo quereiteramos a nosa petición de maneira contundente.
CRITERIOS DE CONCESIÓNS DE VACACIÓNS
Reiteramos a solicitude de que se establezancriterios claros, concisos e únicos para a concesión dos períodos vacacionais. A vontade que decía ter a administración de homoxeneizar é contraria a disparidade das direcións dos centros para priorizar as concesións.
INTERSUSTITUCIÓNS
Estimaron a alegación de UGT, xa figura que os centros “establecerán” listas de voluntariedade, e tamén que ditas listas se activan unha vez que se teña acudido o Decreto 37/2006 e non sexa posible a cobertura, e se limitan a 12 anuais as quendas de intersusutitucións. Pero as contías compensatorias son insuficientes, e deben incrementarse.
VARIOS
A Administración refire que estanse a revisar as subcomisións que contemplaba o Acordo, entre as que figura a regulación do uso do comedor, absentismo……….
A administración manifesta que revisará e elevará a Mesa unha nova proposta.