Sectores

Reunión sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2021


Hoxe tivo lugar a reunión da Mesa delegada da Mesa Xeral de Persoal Empregado Público para tratar as alegacións, presentadas polas Organizacións Sindicais, ao borrador de criterios repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021.

A reunión foi en formato de videoconferencia, con unha moi deficiente conexión que impedía escoitar ao interlocutor da Administración, pese a esta circunstancia expuxemos as nosas alegacións, que consisten basicamente nas seguintes consideracións:

Remitíndonos ao xa alegado en anos anteriores, e xa van 10, UGT considera que a administración autonómica está a incumprir a recomendación emanada da queixa presentada por esta organización sindical en outubro de 2016, a Valedora do Pobo, quen en resposta a dita queixa, ante a situación xerada pola aplicación da Lei 1/2012, de 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia a través da que se procedía á suspensión de determinados artigos do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, responde, nas súas conclusións:

No obstante o anterior, parece oportuno indicar que a Xunta de Galicia deberá considerar -non como unha obrigación inmediata de resultado pero si como unha obrigación de comportamento a futuro- retomar o diálogo social a fin de recuperar acordos que permitan (coa gradualidade que esixa a contención do gasto) incluír, nos sucesivos proxectos de presupostos previsións relativas aos compromisos de recuperación de pactos iniciais…

 

Semella que a conclusión da Valedora, segue un ano máis, a non ter cabida entre os redactores dos Orzamentos da Comunidade Autónoma, en atención a que nin en 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022, se tivo en consideración a “obriga a futuro de recuperar acordos de recuperación de pactos iniciais”.

Sorprende que en virtude do artigo 3 da Lei 1/2012, continúe a suspenderse, para todo o persoal incluído no seu ámbito de aplicación, a concesión ou abono de calquera axuda derivada do concepto de acción social, excepto a axuda por persoa con discapacidade. Dicimos que sorprende a medida por comparación co que acontece noutras Comunidades Autónomas o mesmo na Administración Xeral do Estado, organismos e administracións nas que si se está a aboar outros conceptos do Fondo e non só o das axudas para atender a persoas con discapacidade a cargo.

 

Polo que respecta ao articulado, UGT alega:

Ao respecto do artigo 1, do obxecto: que se proceda a modificar o aboamento da axuda, de tal xeito que esta sexa abonada en nómina mensual, na contía de 180€/mes, tanto para persoal funcionario como laboral, tal e como así foi acordado na negociación da Lei de orzamentos para o ano 2022.

En canto ao artigo 3, do ámbito subxectivo, proponse substituír a redacción do punto 2, apartados a) e b) en canto á data do 1 xaneiro 2022 polo tempo outorgado para presentar documentación complementaria no que se poderá achegar o recoñecemento do grao de discapacidade da autoridade competente, antes da exposición no DOG do anuncio de exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

Sobre o Artigo 6, da comprobación de datos  e documentación que se debe acompañar coa solicitude.:

No apartado f), non se entende que non poda ser corroborado pola administración, acreditado o permiso de acceso ao mesmo por parte do solicitante, o suposto de acreditación de ter prestado servizos no ano 2021 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

UGT pregunta porque ao persoal funcionarizado no mes de xullo do 2021, que continuou a percibir o concepto regulado no artigo 35 do VCCU, ata o mes de decembro, as Consellerías o deixaron de aboarllo a partir do mes de xaneiro de 2022. De igual forma podemos contrastar que algunhas das persoas recentemente funcionarizadas en Política Social, xa recibiron información, por parte dalgunha habilitación, de que o seguirán a percibir ata o mes de decembro deste ano, de xeito mensual, e que a partir de xaneiro do ano que 2023, pasarán a ter que solicitalo anualmente.

Esta situación, segundo se traslada polo representante da Administración, ao parecer non está contrastada por Función Pública. Por este motivo instamos a resolver, clarificar e unificar o pagamento de ambos réximes de vinculación xurídica, o funcionarial e o laboral, quedaron en pescudar sobre o tema e dar traslado ás OOSS do asunto.

 

                                                                                    Descarga o UGT-Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.