Reunión do Consello Reitor da EGAP de seguimento das actividades de formación do primeiro semestre de 2024, programación do segundo semestre, información dos convenios, e información económica e da conta xeral.
A Directora expón de forma detallada toda a información remitida por escrito sobre os puntos da orde do día e abre unha quenda final de intervencións sobre toda a súa intervención.
UGT sinalamos que, efectivamente como informa a Directora a formación en liña representa o 85% de toda a actividade formativa, unha porcentaxe similar á do ano 2023 e o mesmo sucede coa valoración global da formación, que mantén unha puntuación similar ao ano anterior, e manifestamos que:
- Nas actividades formativas destaca na porcentaxe solicitantes/praza e supera amplamente ao resto de actividades con cifras superiores ao 6%, as de linguaxe administrativa e igualdade e violencia de xénero, polo que se debería aumentar a oferta á vista de todas as solicitudes sen praza.
- Na formación do segundo semestre valoramos que se inclúa unha xornada monográfica sobre violencia de xénero para o persoal que participa no procedemento e seguimento do Protocolo.
- Esperamos que o curso para o persoal da Inspección de servizos sociais que tivo incidencias, se imparta tal e como figura na programación do segundo semestre.
- Queremos recoñecer o traballo do persoal da EGAP e que se atendera á solicitude deste sindicato sobre a formación desagregada do persoal da administración xeral da Xunta/Consellerías, en materia de igualdade e prevención de riscos, xa que non estaba dispoñible cando se fixo a diagnose do Plan de Igualdade.
- Para dar cumprimento a dito Plan de Igualdade solicitamos incluír na programación a formación específica en prevención de riscos con perspectiva de xénero.
- Solicitamos que a EGAP contemple na programación de actividades, as relacionadas coa promoción interna, de forma significativa, e co acceso ao emprego público, non nos referimos só a temarios, pensamos que a Escola pode desempeñar un importante papel.
- No informe de contas 2023 diminúen os gastos de persoal na mesma contía que se incrementan os gastos de servizos externos, queremos deixar constancia de que se debe reforzar o persoal propio da EGAP